Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A danza refúxiase en Carballo por primavera

A danza refúxiase en Carballo por primavera
concello-carballo--primavera-en-danza-2017_

Volve a Carballo o programa “Primavera enDanza”. Esa aposta cunha coidada selección dos mellores espectáculos nacionais dunha disciplina artística que, malia súa gran capacidade de creación e innovación e repercusión nas artes escénicas contemporáneas, conta con escasa presencia nos escenarios galegos. “É un dos escasísimos festivais de danza e o máis antigo de Galicia”, lembrou o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, durante o 16 aniversario do programa.

O programa consta de sete espectáculos de sala, un obradoiro de danza contemporánea, encontros entre público e artistas, actuacións ao aire libre e unha oferta de actividades complementarias.

A primeira cita será o 13 de abril coa conferencia bailada de Toni Jodar. Ademais chegará tamén o espectáculo de rúa Viaxes, de Lusco e Fusco (sábado 14), e os de auditorio Vuelos de Aracaladanza (domingo 15); Hollywood, de Andrea Quintana (venres 20); Toda a beleza do mundo, de María Move (sábado 21); Now, de Lasala (venres 27); Si pudiera hablar de esto no haría esto, de Janet Novás (venres 28) e, a maiores, o 4 de maio estará no Pazo da Cultura ao Centro Dramático Galego con Divinas Palabras Revolución.

A venda de bonos e entradas comezará o día 9 a través de www.ticketea.com ou no teléfono 902 044 226. O día de cada función tamén poderán adquirirse entradas na billeteira do Pazo da Cultura desde 90 minutos antes do inicio.

Programa Primavera en Danza Carballo 2018

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios