Domingo. 18.08.2019
El tiempo

A festa dálle paso ao teatro na #AxendaCostaDaMorte

A festa dálle paso ao teatro na #AxendaCostaDaMorte
Axenda-Costa-da-Morte-25sep Aínda que parece que as festas xa se van remantando, aínda quedan algunhas vilas da Costa da Morte con verbena. Pero xa entrados no outono, as orquestas vanlle dando paso a outras citas máis culturais como o gran festival de teatro, o FIOT, que comeza hoxe en Carballo. Imos ver que queda por aí nunha fin de semana na que, segundo nos indica 4gotas.com, nos acompañará o bo tempo. Hoxe os ceos estarán máis anubrados, sobre todo nas primeiras horas do día. Xa o sábado e o domingo lucirá o sol cunha temperatura agradable que chegará, nalgúns puntos da Costa da Morte, rozar os 25º de máxima.

De festas

Así que as localidades que están de festa non precisan carpa. Muxía e Treos serán dúas das vilas que honren a san Miguel. En Treos (Vimianzo) terán tres días de festa que comezan hoxe con Samba e CDC. A troula continuará aquí ata o domingo. En Muxía a festa será mañá sábado coa música da orquesta Manchester e a actuación de Sabela. Os veciños e veciñas de Corme lucirán o sábado as súas mellores galas para celebrar a súa particular festa de fin de ano. Outras vilas da zona, como VerdesArdaña ou Coristanco tamén o pasarán en grande coas súas respectivas festas.

De teatro

Arranca en Carballo unha das súas citas culturais máis importantes; o XXIV Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) no que pasarán polo escenario máis de 34 actuacións ademais doutras actividades paralelas que xa están programadas. A primeira das citas é hoxe, ás 20:30 horas, na praza do Concello carballés. Alí, a compañía andaluza Vaivén Circo presentará o seu espectáculo “Deshábitat”. Os máis pequenos tamén teñen o seu espazo co seu particular Fiotiño.

Máis información

Noite de blues en Sardiñeiro

Os amantes da música, e sobre todo do blues, teñen na noite de mañá sábado unha cita noLestón de Sardiñeiro. Nada máis e nada menos que os Bakin’Blues Band e Boney Fields xuntos. ¡Todo un luxo!

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios