Venres. 19.04.2024
El tiempo

A fin de semana enche de actividade a #AxendaCostaDaMorte

A fin de semana enche de actividade a #AxendaCostaDaMorte
Teatro, rutas de sendeirismo, rutas gastronómicas, festas,... #AxendaCostadaMorte trae unha gran variedade de actividades para esta fin de semana sen necesidade de moverse da comarca. Ademais, tal e como o indica o parte costeiro de 4gotas.com a fin de semana virá veraniega na Costa da Morte. A borrasca que deixou o vento destes días e algunha chuvia feble no sur da Costa, alónxase polo Atlántico e o Anticiclón aséntase no norte de Galicia deixando un tempo moi estable. Apenas haberá vento na fin de semana, as temperaturas polo día achegaranse aos 25 graos e predominará o sol. Malia iso, o sábado haberá intervalos de nubes medias e altas e contra a noite poden chegar brétemas polo mar e mesmo manterse no domingo. Iso si, non deberían ser moi mestas e só reducirían un chisco a visibilidade permitíndonos desfrutar ao aire libre toda a fin de semana e mesmo visitar as praias neste abril tolo!!!

Rutas de sendeirismo

  • As Andainas Costa da Morte  percorren este sábado o municipio de Ponteceso para descubrir a parroquia de Xornes e o río Anllóns. A saída é as 10 horas.
  • 8ª edición da Primavera en Ruta de Senda Nova recorrerá este domingo "A forza do río Chonia" ao seu paso polo concello de Trazo. O roteiro ten unha distancia aproximada de 22 quilómetros.

Teatro

  • Mañá comeza en Zas a II Mostra Teatro Afeccionado. A obra que abre a mostra é "L" da compañía noiesa Pinchacarneiro Teatro. A cita é ás 21 horas no auditorio de Zas e a entrada é de balde. A obra está dirixida a maiores de 13 anos.
  • Teatro en Muros. O auditorio do centro cultural de Muros acolle mañá sábado a obra de teatro "Presidente", da compañía Teatro do Morcego. A función comeza ás 21:30 horas e o custe da entrada é de 3,5€.

Día do libro

  • A Deputación da Coruña repartirá mañá 5.000 libros dentro do programa "Libros para sermos Libres" en 30 concellos da provincia. A entrega terá lugar ás 12 horas. Camariñas, Corcubión, Laxe, Mazaricos, Muros, Santa Comba e Vimianzo son os concellos da zona que participan no programa.

Primavera en Danza

  • Esta fin de semana arranca a 15ª edición da Primavera en Danza posto en marcha polo concello de Carballo. O primeiro dos espectáculos é hoxe, ás 21 horas, con “Ensaio de amor” da compañía galega de Nuria Sotelo. A música, a plasticidade dos corpos, a danza e as palabras abordarán o mundo feminino e a complicidade dunha nai coa súa filla. O ciclo continúa o domingo, ás 18 horas, con “Emoticores”; un espectáculo para gozar en familia con nenos e nenas maiores de 8 anos. Éste é un espectáculo de danza no que se traballan as emocións a través das formas, as cores, o son e o movemento, co obxectivo de axudar á contorna familiar dos nenos e nenas e a relacionar as emocións con aquelo que as provoca.

Exposicións permanentes

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados e domingos de 11 a 19 horas. Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
  • Exposición no Museo do Alemán. Do 12 de abril ao 1 de maio o Museo do Alemán (Camelle) acolle a exposición “Coidando o noso mar”, pola que se pretende sensibilizar á población da importancia de cuidar os recursos naturais. Estará aberta de martes a xoves de 10 a 14 horas, mentras que as fins de semana estará en horario de mañá e tarde. Nas vacacións de Semana Santa tamén estará aberta de mañá e tarde.

Festas e concerto

  • As festas de San Marcos de Corcubión chegan con dous días de troula. Celébranse mañá cunha verbena da man da orquesta America SL, e o martes 25, o día propio, coa Atenas.
  • En Lira continúan mañá as Festas dos Remedios Novos. Haberá pasarrúas, misa solmemne e verbena amenizada polas orquestas Los Satélites e New York.
  • O Celme Café de Vimianzo acolle mañá sábado, a partir da media noite, o concerto de Los Alcántara que veñen cos mellores temas da música dos 70 e 80.

Gastronomía

  • Xornadas gastronómicas en Vimianzo. Varios restaurantes da vila ofrecen ata o 28 de maio un menú especial que se enmarca dentro das Xornadas Gastrómicas Primavera 2017. O menú ten un custe de 20€ por persoa, coa bodega á parte. Para comer ou cear nestas xornadas de degustación é preciso reservar previamente.

Outras citas

  • Dentro do programa Reláxese, esta tarde terá lugar no museo do Mar de Laxe a proxección de fotografías antigas do fondo fotográfico Vidal baixo o título "A Costa da Morte na Memoria". Xa mañá o mestre e escritor Xan Fernández Carrera ofrece ás 18 horas unh coloquio sobre a "Identificación de lugares e persoas do Fondo fotográfico Vidal".
  • Charla histórica en Vimianzo. A casa da Cultura de Vimianzo acolle ás 20 horas de hoxe unha interesante sesión de lembranza, con Bernardo Máis, Emilio Grandío e Carlos Aymerich, no que se falará dos sucesos “que nunca se contaron” do ano 1936 no Castelo de Vimianzo.
  • Mañá a partir das 18 horas, Santa Comba acolle a Feira de Abril en clave flamenca, coa actuación de Sandra Calderón e Flamenco Band e as bailarinas do Grupo Triana. Ademais haberá comida, xogos populares e festa rachada nos pubs da vila, que estarán engalanados para a ocasión.
  • Pasabares en Mazaricos. A música tradicional percorrerá mañá os bares da Picota. A festa comeza a partir das cinco da tarde coas agrupacións Petaforte, O Verán, Os Cabacos, Os Campantes, Os Sentenarios, Os Candainas, as pandereteiras do Liceo de Noia e Entra.
Fonte

Comentarios