Venres. 29.03.2024
El tiempo

A fotografía convírterse en denuncia e arte no Certame Xosé Manuel Eirís

A fotografía convírterse en denuncia e arte no Certame Xosé Manuel Eirís
Collage de fotografias ganadoras do XVII Premio Xose Manuel Eiris de Carballo 2015

Segue a ser, 17 anos despois da primeira edición, un referente a nivel galego, o Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. Onte tiña lugar a entrega dos premios deste ano. Un certame no que non hai imaxes preconcebidas, e onde unha imaxe que denuncia o deterioro da contorna natural, convírtese en gañadora.

"Ría triste", a instantánea na que se poden ver uns peixes nadando arredor dun carriño da compra afundido, de Pastor García Queijas, foi a gañadora do XVII Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, e demostra que “a fotografía tamén é unha ferramenta para tomar conciencia, ou non perdela, do que lle estamos facendo aos nosos ríos e aos nosos montes".
O cullerdense quixo expresar así o seu agradecemento e a honra de recibir este premio durante o acto de entrega de premios que serve ademais de de apertura mostra dedicada ao certame, na que se expón unha escolma de 68 das 104 obras presentadas por 48 autores,

Marcos Rodriguez facendo entrega do 2 premio do Xose Manuel Eiris 2015 a Juan Luis Rua Prieto

Agradecido tamén se amosou o coruñés Juan Luís Rúa Prieto que, con "Planeta can", presentou unha paisaxe nevada e un chisco devastadora que lle fixo gañar o segundo premio. Agradecido polo premio e por recibilo da man de Marcos Rodríguez, toda unha medalla de prata mundial, un carballés que precisamente gañaba en 2010 un dos seus primeiros premios.

José López Pérez recibiu o Premio Especial Carballo por unha orixinal imaxe que, aproveitando as fiestras reflexibles do CCB-Gadis transformou os edificios situados na contorna nunha obra arquitectónica que mesmo lembra as fachadas de Gaudí.
E por último, o xurado concedeu dous accésits, un a Jordi Cohen Colldeforns, por "Rabbi at the kotel", que non puido vir dende Barcelona a recoller o premio; e para Mercedes Lea por "Madeira de castaño", imaxe que lle dedicou á súa nai por animala a presentarse ao concurso. Imaxes gañadoras e da entrega de premios, no Facebook do Concello, aquí.

Foto de familia do Certame Xose Manuel Eiris 2015

A mostra

Os interesados e interesadas en ver a mostra coa selección das mellores imaxes presentadas ao concurso de 2015, poden facelo até o 31 de maio en horario de 18.00 a 21.00 horas na sala da baixocuberta do 3º andar do Pazo da Cultura.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios