Venres. 19.04.2024
El tiempo

A mostra fotográfica “Comarca Natural de Bergantiños” segue percorrendo a bisbarra

A mostra fotográfica “Comarca Natural de Bergantiños” segue percorrendo a bisbarra

Esta fin de semana inaugurose no Centro Sociocultural de Paiosaco, a exposición das imaxes galardoadas e participantes na I edición do concurso fotográfico Comarca Natural de Bergantiños, organizado polo GDR Bergantiños.

As 192 obras que compoñen a mostra achéganos a través da mirada dos seus autores ás paisaxes, formas de vida e elementos patrimoniais da comarca de bergantiños. Os interesados/as poderán visitala o 31 de marzo de 2012 en horario de 16:00h a 20:00h de luns a domingo de forma gratuita.

A exhibición continuará en movemento facendo un percorrido por todos os concellos da Comarca de Bergantiños durante os vindeiros meses.

Novas relacionadas

Fonte

  • GDR.

Comentarios