Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A música, o deporte e a gastronomía combínanse no Sereas e Piratas

A música, o deporte e a gastronomía combínanse no Sereas e Piratas
Este sábado, día 23, a praia de Razo enchese de música, gastronomía e deportes cunha das citas festivaleiras deste verán: o Sereas e Piratas. No cartel combínanse grandes nomes da vangarda musical do país, como Aries, Sr Chinarro ou Pablo Und Destruktion; con artistas consagrados como The Wave Pictures e bandas locais como Night Boys. "Ano tras ano confeccionamos o cartel de forma moi escollida para así diferenciarsnos do restos dos festivais apostando pola música independente. Un dos nosos obxectivos principais é dar cabida a bandas emerxentes galegas e apostamos fortemento por iso", indican dende a organización. Sereas e Piratas comeza a partir das 11 da mañá cos campionatos de surf e voley praia e o mercado de surf - protagonizado por bandas emerxentes - para dar paso á sesión vermú protagonizada por Aries. Dentro da gastronomía terán protagonismo os productos da zona empregados para condimentar o arroz que se poderá degustarse a precios populares ata que chegue o turno da actuación da banda local Night Boys, a iso das 17:30 horas. "Sereas e Piratas é moito máis que música, con este festival queremos fomentar o respecto polo medio e o deporte, por iso, ano tras ano, organizamos un campionato de surf, long stake e volley ball" aseguran dende a organización. Pequepop O Sereas e Piratas tamén garda espazo para os máis pequenos dentro do Pequepop e dos obradoiros que comezan a partir das 18 horas que darán paso, ás 20:30 horas, á actuación de Bifannah. Os Chulapos Dj e Quique Fábrica encargaranse de que a música non cese ata que comece o fetival norturno, a iso das 22 horas, co concerto de Pablo Und Destruktion. Despois del, Sr Chinarro, The Wave Pictures, Juventud Juché, Músculo! e Dj Schulz prolongarán a edición do Sereas e Piratas. As entradas xa están á venda, por 15€, na páxina web do festival. Campionato de surf campionato open surf sereas e piratas 2016 A federación galega de surf e o colectivo "No todo el pescado está vendido" son os encargados de organizar os campionato de surf e o mercadillo surfeiro que se enmarcan dentro do festival Sereas e Piratas.  O evento deportivo ten a peculiaridade de que se disputará por equipos de tres participantes. Haberá catro premios, cedidos pola tenda de surf de Carballo Teirón. O prezo da inscrición por equipos é de 10 euros e deberá facerse previamente ao evento no correo notodoelpescadoestavendidosurf@gmail.com ou chamando ao número de teléfono 677615222.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios