Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A nova #TendaQPC: Unha fiestra aberta da artesanía e a cultura costeira a toda a península

A nova #TendaQPC: Unha fiestra aberta da artesanía e a cultura costeira a toda a península
Así loce a tendaQPC. Pincha na imaxe para visitala Así loce a tendaQPC. Pincha na imaxe para visitala e facer a túa primeira compra tendaqpc.gal. Nace unha nova iniciativa do diario dixital da Costa da Morte. Unha tenda en liña que pretende convertirse no punto de encontro dixital, onde xentes de toda a península poidan adquirir os produtos da artesanía e da cultura da bisbarra a un só click. Xentes de toda a península e dende dentro da bisbarra pois aínda que somos a xente da Costa da Morte, temos que ser os primeiros que valoramos e apoiamos o traballo dos nosos veciños. Un proxecto que nace da man da Tenda Turística Stoupa, xa convertido en verdadeiro epicentro cultural da arte costeira. A tenda ceesa, que xa mantén un contacto directo con artesáns, músicos, escritores, poetas… de toda a comarca, levará a xestión dos produtos que se poderán adquirir na #TendaQPC. Un xeito de poñer en valor a nosa forma de crear, e de ensinar ao mundo os nosos creadores Colgantes de Yano Yoro, fotos de Marcos Rodríguez ou Xoanxo Cespón, Cuncas de Nano Unzieta, bolsos das Redeiras de Corme, pezas da Olería de Buño de Aparicio ou de Carmen Isabel, os marabillosos mapas de Pepe de Oleghario… Estes son algúns dos produtos cos que comeza esta singradura virtual, pero de seguro que irán ampliándose. Estes singulares e uns Packs que seguro que son moi demandados para levar un anaco da túa terra ao outro lado da península." Podedes pasarvos xa por tendaqpc.gal e comezar a facer os vosos pedidos para ese regalo que tendes pendente.  

Fonte

Comentarios