Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Agosto enche de citas a #AxendaCostadaMorte

Agosto enche de citas a #AxendaCostadaMorte
Axenda-Costa-da-Morte-5agosto2016 A #AxendaCostadaMorte está nun dos seus mellores momentos do ano. Así nesta primeira fin de semana de agosto concorren grandes citas que xa son todo un referente, tales como a festa da Carballeira de Zas ou a mostra da Olería de Buño. Ademais, tal e como o explica o parte costeiro de 4gotas.com, as boas temperaturas invitarán a desfrutar dos areais da zona. Só se verán nubes nesta fin de semana o hoxe pola mañá. Haberá néboas no interior e algunhas nubes nos arredores de Bergantiños e a partir de media mañá irán a menos e xa lucirá o sol. Voltará algunha contra a noite, pero moi pouca cousa. No resto da fin de semana non se verá ningunha nube na Costa da Morte. Hoxe haberá pouco vento en xeral. Mañá, no sur de Fisterra tampouco soplará. Nos arredores de Bergantiños, o sábado teremos vento moderado do nordés. O domingo, si que se notará algo máis o vento. Soplará forte o nordés entre Fisterra e Arteixo todo o domingo e na tarde-noite tamén no sur de Fisterra. As temperaturas serán moi altas. Nos arredores de Malpica, 23 hoxe, 25 o sábado e domingo, pero máis protexidos do vento - Cee, Corcubión, Carnota - faleremos de 28 graos hoxe e 30 durante a finde. Festa da Carballeira de Zas Chega a 33ª edición da Festa da Carballeira de Zas con máis forza ca nunca grazas aos seus dous días de festival. Os concertos xa arrancan a partir das nove desta noite coas actuacións de O Ghusto do Boi, Banda Crebinsky, Mägo de Oz e Ruxe Ruxe. A troula continúa mañá dende as dúas da tarde cunha mexilloada gratuita amenizada pola orquesta Os Modernos. Durante a tarde haberá unha zona de infantil coa actuación de Cé Orquestra Pantasma e ás 18:30 horas comeza unha foliada. Os concertos chegarán a iso das nove da noite da man de Pelepau, Luar na Lubre, Steve'n Seagulls, Skerryvore e Andrés Penabad. Mostra de Olería de Buño
  • Dende hoxe e ata o vindeiro 15 de agosto, a localidade malpicana de Buño acolle a 33ª edición da Mostra da Olería. Ademais das casetas de venta, o parque Luciano García Allén será o punto de referencia para a maior parte das actividades que se realizan á par da mostra. Obradoiros, exhibicións, exposición,... e música.
Festas
  • Na parroquia muxiana de Quintáns comezan hoxe a celebrar as festas de San Isidro cunha sardiñada. O sábado e o domingo os actos relixiosos combinaranse co orquesteo que coorre da man de Blue Star e Caramelo (sábado) e o domingo con Alarma e Iris que ademais tamén haberá a tradicional danza de espadas.
  • Vimianzo comeza hoxe tres días de festas cargadas de actuacións musicais. O domingo haberá unha macro sesión vermú e a partir das 20 horas actuarán Los Claretes.
  • En Camelle comezan hoxe as festas do Carme e dos Remedios. Tres días de festa cargados de actos litúrxicos e de actuacións musicais.
  • Carballo celebra mañá e o domingo as festas do san Cristovo con música o sábado, e procesión de vehículos na mañá dominical, antes da sesión vermú.
  • A praia da Ribeira de Fisterra acolle o sábado e o domingo a Festa do Longueirón - que cumpre 25 anos - e o III Desembarco Pirata.
  • En Sofán - Carballo - celebran dende mañá ata o luns as súas festas cunha macro sesión vermú, verbeneo e unha sesión de fogos de artificio.
Visitas guiadas
  • As Torres do Allo (Zas) abren durante todo o verán en horario de 11 a 20 horas e todos os domingos, as 19:30 horas, ofrecen un espectáculo teatral da man de Os Quinquilláns.
  • Castelo de Vimianzo abre no seu horario habitual e as 12 e as 19 horas haberá un servizo gratuito de visita guiada. Tamén o domingo, as 13 e as 17 horas, a compañía teatral Os Quinquilláns fará un repaso pola historia do Castelo cunha visita teatralizada.
  • O sábado e o domingo, as 13 e as 18 horas, realizanse visitas guiadas nos Batáns do Mosquetín (Vimianzo).
  • Dolmen de Dombate (Borneiro) abre todos os días entre as 9 da mañá e as 21 horas. Dispón dun servizo de visitas guiadas en horario de mañá – de 11 a 14 horas – e tarde – de 16 a 21 horas –.
  • O Forno do Forte, de Buño-Malpica, abre durante o verán entre as 11 e as 14 e de 16 a 20 horas, a excepción dos domingos.
Roteiros
  • Vimianzo en Festas. Dentro do programa de visitas guiadas Vimianzo. Historia Viva, mañá parte ás 11:30 horas do Casetelo de Vimianzo unha visita gratuita pola vila. A vila celebra as súas festas de verán, un momento perfecto para achegarse á súa historia. Desde a fortaleza partirase á Praza da igrexa, centro neurálxico da vida noutro tempo. Cruzarase o tradicional barrio de Tedín para chegar á capela neoclásica e Pazo de Trasouteiro. Tras escoitar as augas do río que moven a moa do Muíño da Agra e a visita remata no renacentista Pazo de Trasariz.
Exposicións Outras citas
  • Concerto de De Vacas en Carballo. A praza do Concello acolle hoxe a partir das 22:30 horas un concerto que se enmarca dentro do Verán Cultural.
  • Dende hoxe e ata o domingo, a praia do Ézaro será unha festa con competicións deportivas, orquesteo, espectáculos de maxia, unha gran sardiñada e... ¡moito máis!
  • Sesión vermú no gastrobar A Ventana de Laxe da man de Nastasia Zurcher. A cita é hoxe.
  • Hoxe remata en Cee o festival do humor - CEEntal do Humor -. O encargado será David Perdomo co seu monólogo. O custe da sesión é de 7€.
  • Mercado Pirata e festa da Cervexa en Laxe. Dende hoxe e ata o domingo a praza dos Voluntarios de Laxe acolle a IV Mercado Pirata e festa da Cervexa. Postos de artesanía e de alimentación, música, animación, teatro, contacontos e un curso de fabricación de cervexa artesá son os principais puntos do programa.
  • Sesión vermú no bar Escaravello de Laxe a cargo do grupo Oîma.
  • A partir das 21 horas de mañá sábado, a casa da Cultura de Cee a colle o XV certame de Habeneras no que participan a coral polifónica Atalaia de Laxe, Lembrazas de Santa Cruz e Neria-Costa da Morte.
  • Noite de cine en Zas. O domingo, o concello de Zas pecha a súa Semana Cultural cunha sesión de cine que terá lugar ás 22 horas na praza do Concello. Proxectarase a película "Somos gente honrada".
Fonte

Comentarios