Venres. 29.03.2024
El tiempo

Arrinca o ”latexar de innovación e creatividade” do Carballo Interlay

Arrinca o ”latexar de innovación e creatividade” do Carballo Interlay
Rolda de prensa de presnetaciondo Carballo Interplay 2018 Rolda de prensa de presnetación do Carballo Interplay 2018

O campamento “Kamikaze”, que se celebra en Razo, serviu de acto de botadura para a quinta edición do festival de contidos dixitais máis importante do Estado, o Carballo Interplay. Un verdadeiro tesouro para a Costa da Morte albergar esta aposta pola produción audiovisual da rede, facendo de Carballlo "epicentro da cultura dixital" de toda España.

Así o ratificaron o alcalde Evencio Ferreiro e o concelleiro Xosé Regueira, que destacan a gran repercusión que xera este festival que ofrecerá ata o sábado 7 de abril toda unha panorámica da innovación na rede. Ferrero tirou de metáfora para comparar o programa do cun ”latexar de innovación e creatividade”

Unha completa Sección Oficial con webseries de todo o mundo e un programa de actividades con encontros, obradoiros, concertos, debates ou vídeo conferencias nas que aprender e divertirse arredor dos contidos para Internet compoñen esta entrega do Interplay, que engade tamén unha xornada profesional, a reflexión sobre o mundo millennial ou a reivindicación do rol das mulleres nos desenvolvementos tecnolóxicos.

Todo, ademais, de acceso libre e gratuíto ata completar aforo.

Sorprendente

Maria Yanez e Sonia Mendez na presentacion do Carballo Interplay 2018 Maria Yáñez e Sonia Méndez na presentación do Carballo Interplay

O concelleiro de Promoción Económica de Carballo, Xosé Regueira, abundou na capacidade para "sorprender" que exhibe edición tras edición o Interplay, convertendo a vila no "epicentro da cultura dixital". E salientou, tamén, a perspectiva de xénero que ten o evento, "reivindicando a figura da muller na Historia e visibilizando a súa importancia nun contexto tecnolóxico e innovador".

A directora do Interplay, Sonia Méndez, recordou que o festival comezou esta mañá co Campamento Kamikaze, para o que se ocuparon todas as prazas e cuxo resultado en forma de webserie poderá verse o mércores ás 20h30 no auditorio do Pazo de Cultura. O día seguinte, xoves 5, Carballo converterase no punto de encontro dos profesionais do ámbito dixital do Estado, no primeiro DÍA PRO da historia do festival. “Carballo", recordou Méndez, "fomenta así a relación entre a creatividade e a industria, así como o nacemento de futuros proxectos”.

Novas relacionadas

Edicións anteriores

Fonte

Comentarios