Luns. 18.11.2019
El tiempo

As citas co teatro e o 20º aniversario da rodaxe de Mareas Vivas marcan a #AxendaCostadaMorte

As citas co teatro e o 20º aniversario da rodaxe de Mareas Vivas marcan a #AxendaCostadaMorte
A #AxendaCostadaMorte da primeira fin de semana de decembro vén marcada, de novo, por unha chea de citas co teatro que se desenvolverán en varias localidades da Costa desde hoxe ata o domingo. Así mesmo, tamén teremos a oportunidade de achegarnos ata outros eventos culturais, entre os que destaca a gravación en Laxe do programa 'Inimitables' da TVG para celebrar os 20 anos da rodaxe da exitosa serie Mareas Vivas.

Parte de Meteogalicia: Ceos cubertos con orballos ocasionais

Esta fin de semana permaneceremos nunha situación intermedia. Así, Meteogalicia avísanos que o venres estaremos entre unha borrasca situada ao norte de Escocia e o anticiclón centrado sobre Lisboa. Así, os ceos estarán cubertos, con nubes máis compactas na metade oeste de Galicia, onde se rexistrarán orballos. Xa o sábado, non se agardan cambios significativos con respecto á xornada do día anterior, mantendo un réxime de ventos do suroeste que deixarán os ceos máis cubertos no sur e oeste da provincia da Coruña e Rías Baixas onde se rexistrarán orballos e máis claros canto máis ao leste. En canto ao domingo, predominarán os ventos do suroeste que aportarán moita humidade e deixarán temperaturas suaves, así coma ceos cubertos....con nubes máis compactas no sur e oeste da provincia da Coruña, onde se rexistrarán orballos.

20 anos de Portozás!

Imaxe de Mareas Vivas Este sábado, a partir das 10.30 horas, a lonxa de Laxe acollerá a gravación do programa “Inimitables “ da TVG. Unha cita que serve para celebrar do 20º aniversario da rodaxe da serie Mareas Vivas, que convertiu a vila laxeira en Portozás! Está confirmada a asistencia de varios actores e actrices protagonistas da lendaria serie, como a xalleira Isabel Blanco, o malpicán Santi Romay, ou Carlos Blanco, Ana Santos, Patri (personaxe de Iria) e Mangüi. Así mesmo, está prevista a amenización musical con Mercedes Peón, o grupo de gaitas Maruxía, as pandereteiras Andora, O Tren da Unha e o regueifeiro Suso de Xornes. Malpica acolle a representación da obra Fillos do Sol, de Contraproducións

Cita co teatro na Costa da Morte

-A fin de semana arranca coa Mostra de Teatro en Malpica, coa obra 'Os Fillos do Sol', de Contraproducións. -Ciclo de Teatro en Santa Comba con 'A canción do elefante', de Redrum Producciones. -Teatro de Outono en Vimianzo o sábado coa obra 'Camiños', de Butaca Cero. -Teatro en Muros -Obradoiro de improvisación teatral no Casino de Carballo.

Outras citas culturais de interese...

-Festival IncluSÓN de Aloumiños na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo. -Concerto de Jazz o venres en Carballo dentro do programa de Novembro con Música. -Día do Peón en Carnota o venres, cun acto central na Praza de San Gregorio ás 11.30 horas. -Concerto de Fito Mansilla e Diego Piñeiro no Casino de Carballo. O venres, a partir das 20.30 horas. -Xornadas micolóxicas en Fisterra. O sábado e domingo, no Mercado Municipal. -Monólogo do actor Luis Zahera en Camariñas. O sábado, a partir das 21.00 horas. -Festas de San Sadurniño no Ézaro, Dumbría, o venres e sábado. -Creación dun Grupo de Consumo no Casino de Carballo. -Outono en Marcha con Senda Nova, coa ruta Fragas de Catasos.

Exposicións

  • As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00 horas. Estes días ten a Exposición do naturalista Víctor López Seoane nas Torres do Allo; onde ademais hai a programación habitual: – Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia. – O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • A tenda turística Stoupa acolle a exposición trasna de Teresa Candal durante estes meses de outubro e novembro.
  • Exposición colectiva 'Viento y mar' no Museo de Man de Camelle, mostra na que diferentes autores interpretan este concepto a través da pintura, a fotografía e os abanicos. Os mércores e os xoves, de 11 a 14 horas; e de venres a domingos, ou festivos, de 11 a 14 horas e de 17 a 19 horas.

Toda a información debullada na #AxendaCostadaMorte

 

Comentarios