Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As festas, as cachelas e o bo tempo apodéranse da #AxendaCostadaMorte

As festas, as cachelas e o bo tempo apodéranse da #AxendaCostadaMorte
axenda-costa-da-morte-22-xuño-2017 Chega á #AxendaCostadaMorte  unha nova fin de semana cargada de festas. Co gallo do San Xoán, son moitas as parroquias que estes días están de celebración. Ademais, segundo o parte costeiro 4gotas.com a climatoloxía permitirá desfrutar do tempo libre. A fin de semana virá marcada por una feble influencia anticiclónica que deixará vento frouxo do norte que acumulará moita humidade no litoral, especialmente no litoral norte - entre Muxía e Carballo -. Esta humidade traducirase en néboas na mañá e nas noites. Hoxe será un día de néboas máis xeneralizadas, afectarán durante a mañá a toda a Costa da Morte, limparán no litoral entre Fisterra e Muros a media mañá e no final da mañá xa haberá claros no litoral norte e interior. Volverán á noite deixando o ceo cuberto con risco de orballos na noite de San Xoan nos puntos altos de Bergantiños e do interior da Costa. O sábado teremos néboas na mañá no interior, nubes no litoral norte e moito sol entre Fisterra e Muros xa desde primeiras horas. As temperaturas serán agradables, con máximas nos 20-22 no litoral norte e nos 24 no litoral entre Fisterra e Muros. O domingo haberá máis sol e temperaturas máis altas por riba dos 25-26 graos no interior e no litoral oeste e nos 22 no norte. Fin de semana para aproveitar ao aire libre, especialmente no domingo e noite de San Xoán con fresco e moitas nubes, pero con pouca o ningunha chuvia...

Festas

  • Noite de San Xoán no Ézaro. A partir das 20 horas o Oviovar ofrece churrasco e sardiñas gratis con cada consumición. Logo, ás 23 horas iluminarase a cascada e á media noite encenderase a cachela.
  • Esta noite, a praia de Area da Vila de Camariñas acolle a tradicional Lumarea co festa xa dende as 17 horas. A chachela encenderana á media noite que será o preludio dunha gran verbena.
  • En O Esto, Cabana, celebran esta fin de semana as festas do San Xoán. Esta noite arrancan as celebracións cunha sardiñada amenizada polo dúo Platino e as cachalas. Mañá toca sesión vermú e verbena coa Acirema. E o domingo péchase a festa coa sesión vermú co Trío Sintonía.
  • En Traba (Laxe) celebran hoxe e mañá as festas do Sacramento. Hoxe a partir das 21 horas haberá churrascada gratis e a actuación do dúo Fusión Latina. Xa mañá os actos litúrxicos misturaranse co verbeneo.
  • Na parroquia de Mira (Zas) celebran mañá as festas do sacramento. A verbena estará amenizada pola orquesta Nova Imperial de polo dúo Dimante. O domingo haberá misa solemne ás 13 horas na honra a san Antonio.
  • O domingo será a tradicional festa da Carballeira de Baio, ademáis da actuación dos gaiteiros da asociación cultural Adro e das charangas haberá sesión vermú co dúo D'Festa que volverá a tocar á noite xunto co trío Élite.

San Xoán de Carballo

  • Concurso de cachelas. Hoxe, a partir das 19 horas,o xurado iniciará o seu percorrido polos distintos barrios de Carballo . Son un total de 14 participantes. Este ano a comisión de festas repartirá 1.800 euros en premios. A partir das 22:30 horas a praza do concello acolle unha verbena amenizada polas orquestas Trébol e La Última Legión.
  • Concerto de Bustamante. Mañá sábado, a partir das 23 horas, a praza do concello carballés acolle o concerto de David Bustamante. A festa continuará coa orquesta Compostela.
  • O domingo, a partir das 18 horas, terá lugar a XX edición do Descenso do Anllóns no que se repartirán máis de 2300€ en premios. Á noite, a festa volve a trasladarse á praza do concello a cargo da orquesta Graffiti. Ás 00:30 horas haberá unha sesión de fogos de artificio.

Exposicións permanentes

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre todos os días (de luns a venres de 11 a 20 horas e sábados e domingos de 11 a 21 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.

Outras citas

  • Xornadas mariñeiras do Pindo. Ao longo de toda a fin de semana, varios expertos na materia reflexionarán sobre distintos temas mariñeiros, como o papel da muller, as embarcacións de madeira, etc.
  • Concerto de Blues en Fisterra. Como antesala do Fisterra Blues Experience, o Semáforo de Fisterra acolle o concerto dos Bakin'Blues Band na noite do San Xoán.
  • O San Xoán no Ézaro vai ser completo, con sardiñada ao pé da cascada, iluminación nocturna e Larada no Oviovar.
  • Esta fin de semana haberá unha gran cantidade de actividades en Santa Comba. Festivais, promocións nos comercios locais, cachelas e festas en Bazar.
  • Exposición efímera en Fisterra. A Casa das Peritas abre de novo as súas portas na aldea de Mallas (Fisterra) para unha exposición fugaz de apenas 3 horas de duración. Será hoxe entre as 16 e as 19 horas, antes da noite na que Natasha Lelenco botará ao lume os Señores Importantes que aínda non foron adoptados, arredor dunha ducia de retratos figurativos sobre cortes de madeira que son os que fican do proxecto que ven expoñéndose por vilas e cidades de Galicia desde o pasado mes de decembro.
  • Presentación dun libro en Fisterra. A aula da cofraría de Fisterra acolle mañá ás 18 horas a presentación do libro "Costa da Morte Crónica Marítima" de Rafael Lema dentro dun acto organizado pola asociación de veciños Finisterre.
  • III Festival A. C. Abaladeiras de Muxía. O sábado, a partir das 18 horas, a praza do Cabo da Vila de Muxía acolle un festival de música e baile tradicional.
  • Presentación dun libro en Fisterra. Este domingo, Víctor Manuel Romero (fisterrán residente na Arxentina) presentará o seu novo traballo “Gritos de Inocencia”, no salón de actos do concello de Fisterra ás 20 horas.
  • Historia e Música no Castelo de Vimianzo. Mañá, o patio de armas do Castelo de Vimianzo acolle unha xornada na que se mistura a historia e a música. Comeza ás 19 horas cunha visita guiada á fortalez e loco Xosé María Lema falará sobre "O castelo de Vimianzo no tempo dos irmandiños, Fonseca e Moscoso". A continuación, actuarán os Druidas da Rolda.
Fonte

Comentarios