Venres. 19.04.2024
El tiempo

As festas e o Fiot enchen de actividade a #AxendaCostadaMorte

As festas e o Fiot enchen de actividade a #AxendaCostadaMorte
Co arranque do festival dos festivais de teatro (o FIOT de Carballo) a #axenda da Costa da Morte vai meténdose pouco a pouco na estación do outono que comeza precisamente hoxe. Ainda así, quedan moitas festas que celebrar esta fin de semana e bo tempo do que desfrutrar (tal e como o pronostica o parte costeiro de 4gotas.com). Parte Costeiro Despois da choivas de onte pola mañá, xa vimos como axiña volvía o sol. Hoxe lucirá durante todo o día e subirán un chisco as temperaturas diurnas. Superaranse os 21ºC en toda a Costa da Morte e mesmo achegándose aos 23 no litoral oeste. Mañá amencerá con sol, pero a medida que avance o día as nubes irán gañando protagonismo. Non choverá, pero baixarán un pouco as temperaturas no litoral oeste. No norte e no interior subirán un pouco. Toda a Costa da Morte terá unha temperatura máxima semellante, uns 22 grados. Iso si, no interior irá fresco pola mañanciña. O domingo xa non irá ese frío na mañá posto que amencerá cuberto e esas nubes acabarán deixando chuvias. É posible que caian ao final da mañá, mediodía e primeiras horas da tarde. Seguide o prognóstico na web, porque xa sabedes que eses prognósticos horarios a 2-3 días vista non son moi fiables.

Fiot

  • A XXVI edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) arranca hoxe, ás 20:30 horas, na praza do Concello de Carballo. A emerxente compañía Cirk About It será a encargada da inauguración oficial cun espectáculo aberto para todos os públicos que consistirá nun traballo corporal moi visual e orixinal.
  • Esta fin de semana tamén regresa a Carballo a Rúa dos Contos, no marco do FIOT. A 1ª cita é hoxe, ás 23 horas, na cafetería Colón coa estrea en Galicia de “Las historias del Filandar”. Mañá será o turno de Paula Carballeira que levará á cervexaría A Bombonera (22.30 h) o seu monólogo “Os contos que me foron contando”. Pola súa banda, ás 00.30 h no Mesón do Pulpo, o actor David Perdomo volve aos seus inicios con “En crudo”, un monólogo que esmiúza o ridículo do xénero humano nestes momentos, con anécdotas propias, para darnos a coñecer un contador con moita sorna. O domingo 24 terá lugar a sesión dobre no Mercado Municipal de Carballo. O primeiro turno (20 h) será para a estrea en Galicia de “Tanatorium”, do infatigable e insólito artista valenciá Félix Albo, que fai un proposta unipersoal tremendamente tola sobre a vida, a morte e o silencio. Ás 21.30 h, o público volverá a gozar do mestre da narración e Xograr de Outono Quico Cadaval, que subirá ao escenario coas súas “Fantasmas familiares”.

Ruta de tapas en Malpica

  • Nove establecementos de Malpica participan esta fin de semana na segunda edición da ruta de tapas "Malpica sabe a mar". Repartiranse case 800 premios e as tapas venderanse a 1,5 euros, e con cada unha entregarase un boleto que ofrece a posibilidade de conseguir premios directos. A cita arranca hoxe e as tapas serviranse de 20 a 23 horas; mañá, de 12 a 14 e de 20 a 23, e o domingo, de 12 a 14 horas.

Festas

  • Na parroquia de Trasufre, en Muxía, celebras estes días as festas na honra da Santiña. Despois do verbeneo de onte, as celebracións continúan hoxe coas actuacións da orquesta Ciclón e da disco móbil CDC.
  • En Treos, Vimianzo, celebran mañá e o domingo as festas de San Miguel. Os encargados de animar a noite serán as orquestas Aramio e Ciclón e o domingo haberá sesión vermú co dúo Calú.
  • Festas de San Mateo de Agualada. Mañá será un día de festa na Agualada para celebran o San Mateo. A sesión vermú correrá a cargo da orquesta Trova que comparte escenario á noite co Grupo Bomba.
  • Festas dos Remedios. En Corme celebran mañá e o domingo as festas dos Remedios nos que se misturan os actos litúrxicos cos verbeneiros.
  • En San Salvador (Santa Comba) están este domingo de festa para celebrar a romaría da Virxe dos Remedios. A encargada de amenizar a xornada será a orquesta Suavecito e haberá inchables para os máis pequenos a partir das 17 horas.

Exposicións

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos  (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.

Outras citas

  • Presentación dun documental no Pindo. O local multiusos do Porto Sinal, acolle hoxe a partir das 21:30 horas, a presentación do documental "Frágil equilibrio" feito polos irmáns García López.
  • Ruta do Renacemento en Malpica: mañá pola mañá haberá ruta guiada en autobús por distintos recursos de interese histórico e patrimonial do concello malpicán que nos remontan á época do Renacemento, entre eles as Torres de Mens, que abriran as súas portas para acoller a un máximo de 25 persoas. Os participantes sairán ás 09:40 horas da Oficina de Turismo.
  • O campo da Feira da Picota acolle hoxe, a partir das 20 horas, o espectáculo "Dous no camiño" de Isabel Risco e Fran Rei. O acto forma parte do programa Vive o Camiño.
  • As Tanxugueiras en concerto. A casa da Cultura da Picota acolle mañá, a partir das 22 horas, o concerto das Tanxugeiras; tres mozas que levan a música galega tradicional aló por onde van.
  • Concerto no Celme Café de Vimianzo. A partir das 23 horas, Driudas da rolda, Bastardos de Riveira e Trampulleiro (que fai o seu debut cun ritmo funkyjazz) actuarán no Celme Café de Vimianzo.
  • O Quenxeiro bar de Corcubión acolle mañá, ás 23 horas, o concerto de The Inversos que traen a súa fusión de poesía e rock.
  • Santa Comba inaugura a tempada da movida cun doble concerto na rúa Galicia, cos carballeses The Cerne e os Strabas. A cita é o sábado ás 22:30 horas.
Fonte

Comentarios