Venres. 29.03.2024
El tiempo

As Letras tamén enchen unha completísima e soleada #AxendaCostadaMorte

As Letras tamén enchen unha completísima e soleada #AxendaCostadaMorte
AxendaCostadaMorte 19 de maio 2018 AxendaCostadaMorte 19 de maio 2018 Ademais da completa Axenda das Letras Galegas que repasamos Concello a Concello, a fin de semana vén cargada de numerosas citas culturais e festexeiras, que recollemos, debullada en www.axendacostadamorte.com.

Festiletras

Despois a emotiva apertura do Festiletras, durante o sábado teremos o Día das Aldeas Singulares, a Feira de Artesanía, regueifas e tamén a un gran festival de música con Mounqup, Txarango e Igmig. O domingo, máis artesanía, contacontos, e sesión vermú con Terbutalina.

Ademais, a fin de semana complétase en Ponteceso co Mercado Pondaliano.

Laxe, centro cultural e gastronómico

Á I Ruta dos Pinchos Con X de Laxe úneselle un Concerto de blues na noite do venres e varias actividades relacionadas cas Letras Galegas, co espectáculo “Pan con chocolate” na tarde do sábado

Teatro en Zas

Cotinúa en marcha a Mostra de Teatro Afeccionado de Zas coa obra Alen do grupo arteixán Paso de Valverde. A cita o sábado ás 18:00h no Auditorio de Zas.

Festi Lires

Outra das citas da fin de semana será a do Festi Lires. O sábado 19 de Maio, a partir das 20:00 da tarde, churrascada en Lires coa actuación dos grupos de gaitas de Pedras Miúdas, a Orquesta Tomablobos e os regeufeiros Lupe Blanco e Bieito Lobaiirñas. As 22:30, comezan cos locais da escola de música ceesa Proxecto Nordés, Devacas, Tanxugueiras e A Compañía do Ruido.

De verbena

Outras citas

Máis información en www.axendacostadamorte.com

 

Comentarios