Domingo. 16.06.2019
El tiempo

As Xornadas do Lobo de Santa Comba, das mellores de España

As Xornadas do Lobo de Santa Comba, das mellores de España
Moito publico e moi formado nas Xornadas do Lobo de Santa Comba Moito publico e moi formado nas Xornadas do Lobo de Santa Comba Son palabras de Alex Highland, Naturalista de Fauna y Ficción, entidade experta en traballos zoolóxicos e medioambientais, que traballou con Félix Rodríguez de la Fuente e colaborador en Cuarto Milenio. “Estas Xornadas de Santa Comba son do melloriño que vira en España, pode que sexa a actividade de maior nivel neste sector”, destacou Highland. Unhas verbas que enchen de orgullo a todo o equipo do Concello de Santa Comba, que apostou forte por estas Xornadas dirixidas a un público moi técnico (había moitos estudiantes universitarios, veterinarios, naturalistas…), pero que permitiu achegar a realidade do cánido a todos os sectores de poboación. Unha media permanente de 175 persoas dá conta da gran atención prestada pola sociedade xalleira, costeira, galega e mesmo nacional. Ademais, ao contrario do que soe suceder nestes actos, os intensos debates co público ao remate de cada ponencia, demostrou o interese por este tema.

Un home Entre Lobos

Marcos Rodriguez Pantoja co alcalde de Santa Comba Marcos Rodriguez Pantoja co alcalde de Santa Comba Unha xornadas que tiñan un gran reclamo popular, pois a presencia de Marcos Rodríguez Pantoja, o home Entre Lobos, puxo o toque humano, e tremendamente auténtico, a tantos datos. Este home, criado nunha manda de lobos en pleno século XX, non deixa a ninguén indiferente. Xa o venres 200 nenos de Santa Comba (salvo do Barrié de la Maza que non quixo acodir), A Picota, San Cosme e da Baña quedaron abraiados coa historia. Moitos non a podía crer como demostraron cas preguntas que lle fixeron despois de ver o filme Entre Lobos, baseado na súa vida. Máis tarde, era hora para o público en xeral, e houbo cheo completo, e mesmo tiveron que poñer cadeiras supletorias para o filme e a posterior charla co protagonista. Marcos Rodriguez Pantoja cos nenos xalleios Marcos Rodriguez Pantoja cos nenos xalleiros

Moi ben documentadas

Había mesmo xente da Xunta, Axentes Forestais… Xentes moi preparadas que quedaron encantados coa información que presentaron os ponentes. Un dos que máis gustou, pola calidade e autenticidade dos documentos de Francisco Lema, Chisco. O ex alcalde de Corcubión é un grandisimo amante da natureza, e leva moitos anos saíndo “á caza do lobo” coa cámara ao lombo polos montes da Costa da Morte, e os vídeos que pode proxectar son verdadeiros tesouros naturais. O documental ”O lobo, o último gran carnívoro supervivente na Costa da Morte” fixo as delicias dos presentes. Axentes forestais nas Xornadas do Lobo de Santa Comba Axentes forestais nas Xornadas do Lobo de Santa Comba Chisco deu unha ponencia fantastica sobre o Lobo na Costa da Morte Chisco deu unha ponencia fantastica sobre o Lobo na Costa da Morte Houbo conferencias de todo tipo, como a do mestre da Facultade de Veterinaria de Lugo Luís Eusebio Fidalgo sobre o papel do lobo no seguemento das enfermidades da fauna; a de Vicente Palacios, Doutos en Bioloxía, que falou sobre o ouveo como sistema de comunicación entre mandas. Xavier Fernández Arias focalizou a atención no asunto máis polémico cando falamos deste cánido, a relación coa gandeiría, e explicou métodos de disuasión no entorno das explotacións. Mágoa que non houbese máis gandeiros entre os asistentes. O propio Highland sacou un tema moi interesante, como é o aproveitamento da presencia do lobo na nosa terra como recurso educativo e dinamizador turístico.  

Novas relacionadas

Máis vídeos naturais

Fonte

Comentarios