Xoves. 04.06.2020
El tiempo

Aula 11, os anfitrións da festa do Xiria Pop

Aula 11, os anfitrións da festa do Xiria Pop
Manu Eirin-Jaime-Guillerme e Juan son Aula 11 de Carballo Manu Eirín, Jaime,Guillerme e Juan son Aula 11

Esta fin de semana o garaxe toma Carballo. Chega a 19ª edición do Festival Xiria Pop, unha cita de culto para os amantes da música guitarreira. Xa fixemos un repaso completo do festival, coñecendo banda a banda, pero hoxe queremos falar cos que cremos que deben estar máis contentos, sendo a primeira banda carballesa en bastantes anos que toca na Dublín no marco do XiriaPop.

Quen mellor que os anfitrións, a banda local do cartel, para contarnos os segredos deste festival. Son novos, algún case nin nacera cando Xabier Graña armaba a primeira edición, pero a súa música fala por si soa. O seu Garaxe Punk “non desmerece nada dos inicios da maioría das bandas deste estilo e xa consolidadas. Actitude e cancións propias que animan a bailar sen parar”, como recoñece o propio organizador.

Eles o que teñen claro é que “o importante é facer festa”, e chegan cunhas gañas de tocar enormes. Son Guillerme (voz), Eirín (guitarra), Jaime (baixo) e Juan (batería) e xa teñen unha bagaxe en escenarios importantes do país, como de Radio3, no que participaron como finalistas. Antes de falar con Manu Eirín, podedes ir dándolle ao play para ver como tocan, mesmo con 40º de febre e feitos un barro, como chegaron aquel día aos estudios madrileños:

 
  • QPC: Como nace Aula 11?

Eirín e Guillerme coñecíamos dende hai tempo do conservatorio, e por outro lado tamén coñecíamos a Juan e Jaime, de feito, Juan e mais fumos xuntos á Escola da Rúa, onde se aprende máis a tocar que no Conservatorio, que tes que chapar máis teoría.

E no verán de 2014, vimos que uns colegas nosos tocaron no Sereas de Piratas. E pensamos, se eles poden, nós tamén. Empezamos en decembro e no verán seguinte tocamos nós tamén en Razo.

 
  • QPC: Que significa Aula 11

Un día estabamos tocando na Aula 11 do Pazo da Cultura, e un amigo quedou mirando para o número da porta e dixo: ”Como mola o nome”, e quedounos.

Aula 11 en concerto  
  • QPC: Que é o Xiria Pop para vós? ldes normalmente?

Eu dende hai varios anos vou sempre, pero o ano pasado non puiden. É unha referencia en Bergantiños, que xa levan moitos anos, e ademais é a música que nos gusta, non é o rollo que se escoita en todos lados, son grupos pouco coñecidos pero sempre moi bos.

 
  • QPC: Lembrades algún concerto concretamente que vos marcara?

Si, hai dous ou tres anos vimos uns tipos, Fuckin’ Bolloks, de Barcelona, que molan moitísimo. Aínda non estabamos formados pero nos gustaron moito.

 
  • QPC: Con quen vos fai máis ilusión tocar das bandas que tocarán esta fin de semana na Dublin?

Vén un grupo mítico, Vic Godard, de Londres, no que o batería é o dos Sex Pistols. Con ese imos sacar moitas fotos!

 
  • QPC: Que influencias máis importantes tendes? Algunha banda galega? O Xabarín?

Pois cada un tira polo seu. Eu escoito de todo; Jaime gústalle máis o punk dos 80; Guillerme é rollo R&R e Juan é dos 40 e todo isto. En conxunto pois fixámonos nunha banda californiana que se chama Fidlar, ou nos madrileños Los Nastys.

E claro, Novedades Carminha, unha referencia para nós e para toda Galicia. O Xabarín xa non nos tocou tanto, era mítico mirar se saías no dos cumpreanos pero a música quedou un pouco atrás para nós.

Aula 11- grupo de carballo  
  • QPC: Xa tendes gañado Premio del Publico del Festival Fando a Lata 2015 ou o concurso Creatividad Musical del Festival ABLAB 2015. E este ano Finalistas do “Proyecto Demo 2016” de Radio3? Como chegades ata aí?

Pois a verdade é que foi través do FB, mirando as novas, enterámonos por aí, e decidmos presentarnos. Acórdome que un día erguérame ás 6:00h para estudiar, que tiña exame de filosofía, e vin no Fb que era o último día, e mandeille un vídeo cutre e unha grabacióin feita co móbil… E chamáronos. Isto foi o ano pasado, e fumos os 3 grupos como premio ao Mad Mad Festival 2015.
O ano pasado voltamos e fomos finalistas despois de tocar e dunha votación. O premio era ir tocar a Benicassim…. Unha pena, para o ano que vén queremos ir a Benicassim, pero nada de concursos, que nos contraten!

EP Aula 11  
  • QPC: Xa tendes unha EP, “Tarde, Mal y arrastro“, na rúa? Onde o gravastes? Como foi o proceso?

Si, sacámolo o novembro pasado. Ten 4 temas, que podedes escoitar de balde no noso bandcamp e se pode mercar falando con nós directamente a través do FB “Aula 11”. Gravámolo en Ferrol, nun baixo dun amigo que estaba empezando cun estudio.

 

Novas relacionadas

  • 19 anos do Xiria Pop.
  • O Rock sae da Escola á Rúa en Carballo.
  •  

    Fonte

    comentarios