Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Axenda cultural da primeira fin de semana de setembro na Costa da Morte

Axenda cultural da primeira fin de semana de setembro na Costa da Morte

Comeza o mes de setembro. Comeza unha nova campaña. Pero aínda nos quedan varias festas que celebrar.
Ademais dan comezo, e estarán presentes durante as 4 fins de semana de setembro os III Encontros de Filosofía da Costa da Morte que nos ofrecerán diferentes sesións educativas como lúdicas a modo de concertos. De feito, este venres 2 de setembro ás 20:00h debuta a Real Orquesta Fortuita da Costa da Morte (ROFCOM), nun concerto aberto ao público.

Pero como dicimos, as festas aínda están en marcha. Mentres agardamos pola Barca, esta fin de semana poderemos ir a San Mamede ou a Baio. Tamén poderemos ir de concerto a Fisterra, ir ao teatro en Laxe ou disfrazarnos e visitar a nosa veciña Feira do Románico de Negreira.

Poden ollar todas estas actividades en www.axendacostadamorte.com.

Máis información

Fonte

Comentarios