Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Axenda cultural e festeira da fin de semana na Costa da Morte

Axenda cultural e festeira da fin de semana na Costa da Morte

Cun ollo posto en Compostela co gallo do Festival de Vitaminas para o galego no que participa esta casa, chega unha nova fin de semana completa de actividades culturais e festeiras. I é que hai de todo, dende cine, pasando por verbenas, concertos e mesmo Feira de Abril...

Comezamos polo venres, i é que o San Marcos de Corcubión tamén ten cita hoxe, para recibir aos centos de emigrados que non puideron disfrutar da festa e da procesión do mércores.

Outras das propostas máis sabrosas chega dende Camariñas e a súa nova Ruta de tapas.

Atención en Cee, onde recibirán nada menos que a Sergio Pazos, para facer o seu monólogo Se galego, my friend”. Ademais, volve o Cine a Carballo da man dos compañeiros de Proxectando. E, como non, Carballo tamén unha cita coa música, igual que en Muros, onde acollen un concerto acústico. Laxe tamén ten unha sesión musical para sábado, mentres que a cita máis singular, sen lugar a dúbidas, será a Feira de Abril que prantexa o Celme Café de Vimianzo.

Como non, para pechar a fin de semana, que mellor que unha sesión teatreira dominical en Vimianzo.

Poden ollar todas estas actividades en www.axendacostadamorte.com.

Cines A Xunqueira de Cee

Esta fin de semana no Finis Terrae Centro Comercial poderemos ver as seguintes películas:

  • Battleship - Sala 3 (17:45).
  • Los Vengadores. - Sala 2 (17:30, 20:20, 23:15).
  • Los Juegos del Hambre (Mirror, Mirror) - Sala 1 (17:30, 20:20, 23:15).

Máis información

Fonte

Comentarios