Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Axenda cultural e festexeira da fin de semana de San Martiño

Axenda cultural e festexeira da fin de semana de San Martiño

As festas e os peóns son os protagonistas desta fin de semana de 12 e 13 de novembro de 2011. Festas de San Martiño as que poderemos disfrutar en Olveira (Dumbría), en Vilaseco (Vimianzo) e, sobre todo, en Lariño (Carnota), cunha triple sesión verbeneira esta noite de venres que mete medo.

E materia de San Martiño, e como xa se sabe que salta o peón ao Camiño, hai que apuntar a cita do Festival de Peóns de Ponteceso Festipopeón.

Pero hai moitas máis cousas esta fin de semana. Hoxe venres poderemos difrutar de boa música no VII Festival Pop-rock Live in Cances, ou de boa poesía, na presentación do libro de Miro Villar en Malpica (hai tamén unha boa exposición na vila malpicá), ou no Recital poético na fin do mundo.

Para mañá sábado haberá máis festas en Sinde (Cabana), e haberá Magosto en Laxe. En materia cultural poderemos disfrutar dunha sesión de danza en Muros ou teatro en Ponteceso, para rematar cun concertazo dos laxenses O Tren da Unha en Cabana.

Poden ollar todas estas actividades en www.axendacostadamorte.com.

Máis información

Fonte

Comentarios