Venres. 29.03.2024
El tiempo

Axenda cultural e festexeira da fin de semana

Axenda cultural e festexeira da fin de semana

Traemos, como cada venres a oferta cultural e festexeira da fin de semana, que tendes, ben organizada www.axendacostadamorte.com. Esta primeira fin de semana de xuño, é unha fin de semana sen parada!!

Comezamos a golpe de venres, que teremos propostas musicais en Laxe e Fisterra, ademais das interminables festas dos Remedios de Lira (esta xente nunca para!!)

Ademais, este venres 1 de xuño ás 19:30 horas á inauguración da exposición fantástica "Anxos, demos e outros retratos" de Isidro Cea. A exposición estará aberta desde o 01 ao 29 de xuño na casa da cultura de Corcubión.

Para o sábado, teremos cita de limpeza e debate cos voluntarios do Prestige en Corcubión. Ao tempo, xa comezan as Festas da Pereiriña (que tampouco para!) e mais as Festas do Anxo da Garda de Mazaricos.
Xa pola tarde, impresionante e tremendamente recomendable a sesión regueifeira en Xornes, Ponteceso.

E compre parar en Vimianzo, pois ás 20:00h terá concerto de violín e ás 22:00h a Gran Gala-Casting do Asalto.

Para o domingo, a habitual cita co teatro en Vimianzo, e ademais hai que aproveitar que este mes de xuño remata a programación do primeiro semestre.
Iso si, ollo que o domingo tamén seguen as verbenas a tope en Pereiriña e Mazaricos...

Máis información

Fonte

Comentarios