Venres. 29.03.2024
El tiempo

Axenda da fin de semana con música, teatro e cogumelos

Axenda da fin de semana con música, teatro e cogumelos

Chega completísima esta fin de semana a pesar de estar en pleno outono. I é que é agora onde nacen os programas culturais de teatro, danza e música en moitos concellos, coma os de Cee, Ponteceso, Cabana ou Vimianzo.

A fin de semana xa comeza o venres ben completo, no que a música (non de orquestra) é a protagonista. A coincidencia fai imposible estar en dous sitios á vez, pero a noite terá concerto en Fisterra cos muradáns Terbutalina, e concerto de blus en Sardiñeiro con Turnes&Mississipi.

Ademais a tarde-noite de venres terá varias citas culturais: o Magosto en Corme, Concerto de Música clásica en Cee, e a presentación de 3 libros da SEMESCOM en Baio.

O sábado e o domingo será o turno dos cogumelos. Da man da Asociación Pan de Raposo poderemos disfrutar das referentes en todo o país Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte, con exposición, saídas guiadas e conferencias.
A tarde sabatina terá tamén cita en Corcubión coas IV Xornadas do Porco Celta da Costa da Morte, que inclúe, como non, degustación.

Ademais, por Muros haberá cita coa Danza, e festa tradicional na Ponte Vella de Esteiro. Para pechar a noite poderemos ir ata o Couto para abrir Ciclo de Teatro de Ponteceso, para facer o propio o domingo co teatro en Vimianzo.

Poden ollar todas estas actividades en www.axendacostadamorte.com.

Máis información

Fonte

Comentarios