Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Axenda da fin de semana de San Adrián para botarse a tremer

Axenda da fin de semana de San Adrián para botarse a tremer

Non temos parada esta fin de semana: festas (o San Adrián manda arriba e abaixo), concertos, teatro, motofestas, festas gastronómicas, corais... Ecuador de xuño e nótase que xa comeza o verán. Así que vaian tomando nota que vai haber que planexar ven a fin de semana.

Comezamos o vernes a golpe de San Adrián de Malpica (e ollo que hai ata que peregrina en bici dende a Coruña.... Pero non serán as únicas festas da fin de semana pois tamén o venres comezan as Festas do Aplazadoiro de Laxe, as Festas de Suxo, as Festas de Carnés e mais as Festas de San Antonio de Baíñas.

E tamén haberá música, de grupo non de verbena, o venres, e se Muxía ten unha cita co Funk, en Fisterra toca rollo caribeño.
E para o domingo unha máis que recomendable sesión festivaleira: Castelo Rock Expresso de Muros.

Non esquecer a citas moteiras, dende o venres Mototur Muxía, e xa o sábado A Motofesta do Embalse da Fervenza.

O sábado comeza a base de callos coa imprescindible cita da Fagía de Carnés. Repetirán todas as festas que mencionamos pero tamén hai que sumarlle as de San Adrián de Tona e as de San Adrián de Castro.

Teremos tamén citas teatreiras como o Festival das Escolas de Teatro de Corcubión, para marchar o domingo de ruta de sendeirismo por Laxe.
E se o sábado é o Encontro de Corais en Baio, o domingo pecharase a programación teatreira do primeiro semestre do Concello de Vimianzo coa Escola de Teatro de Berdoias e a súa obra “A verdade por diante”.

Máis información

Fonte

Comentarios