Martes. 15.10.2019
El tiempo

Axenda dunha fin de semana de Sereas Medievais na Costa da Morte

Axenda dunha fin de semana de Sereas Medievais na Costa da Morte
Axenda Patrocinada polo Hotel-Restaurante El Hórreo - Pincha para ir a www.axendacostadamorte.com

Este xullo vén tan completo (non hai un só día sen citas culturais ou festexeira como podedes ver no calendario) polo que estiramos a fin de semana ata o xoves, pois xa temos unConcerto na Ventana de Laxe, e as Festas do Carme de Caldebarcos, que rematan venres, e as Festas de Santa Mariña de Esteiro, que rematan hoxe.

Mañá venres empreza o groso, con especial incidencia no Mercado Medieval Costa da Morte de Corcubión. 3 días nos que a vila de San Marcos se traslada, por completo varios séculos atrás. O Desembarco na noite do venres e a procesión de fachos a do sábado serán os pratos fortes, pero teremos actuacións cada 15 minutos.

Non podemos esquecer o Festival Sereas e Piratas, que convertirá a incrible paraxe da Praia de Razo nun evento masivo de música e deportes acuáticos.

Non faltarán as festas verbeneiras, e poderemos ir bailar á Madalena de Louro, ás Festas de Pasarela, a Festa da Espuma de San Mamede e á Festa da Xuventude de Fisterra.

E non faltarán as citas culturais e arqueolóxicas, destacando a doble presentación na Costa do libro Heredeiros pola forza, de Xurxo Ayán e Manuel Gago. Ambos estarán o venres na Tenda dos Libros de Ponteceso e o sábado na Barferencia de Carnota.

Ademais, o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte de Corme acolle dúas conferencias: unha charla co escritor e poeta José María Parreño e o sábado a presentación dun libro.

E para completar as citas, poderemos ver unha obra de teatro na rúa en Carballo o venres, o Festival Folclórico de Brens o sábado e a VIII Concentración de Motos Clásicas de Zas o domingo.

Máis información

Fonte

Comentarios