Venres. 19.04.2024
El tiempo

Axenda festeixeira, cultural e gastronómica da fin de semana

Axenda festeixeira, cultural e gastronómica da fin de semana

Espectacular chega a fin de semana na Costa da Morte. As festas serán xa, como non, as protagonistas, cun claro tinte gastronómico. Pero as citas máis culturais tamén terán o seu espacio.

Como en Muros, onde as completas Xornadas de cultura mariñeira Muros Mira ao Mar, que comezaban onte, terán obradoiros, concertos, teatro... ao longo da fin de semana.
Tan importante será o III Encontro Monte Pindo, que mestura historia, sendeirismo, música e gastronomía nas faldas do Olimpo celta.

Pero as que serán probablemente as máis visitadas serán dúas das festas gastronómicas máis importantes da nosa bisbarra: a Festa do Percebe do Roncudo e a Fagía de Carnés, onde os callos centarios tomarán o campo da festa. Ambas citas celébranse o sábado e contarán con numerosas actividades, unha vez que en Carnés tamén se celebran as Festas de San Cristovo.

Pero son moitas máis as citas salientables. Hoxe xa temos en marcha as Festas de Soesto, ademais da visita de Manquiña en Cee. Cee vivirá o seu San Cristovo, pero máis importante será o San Cristovo motorizado de Baio.

Poden ollar todas as propostas socio cultural en www.axendacostadamorte.com.

Máis información

Fonte

Comentarios