Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Axenda: Máis de vinte orquestras nunha fin de semana

Axenda: Máis de vinte orquestras nunha fin de semana
Chega unha nova fin de semana de setembro. Xa estamos inmersos na volta ao cole, na rutina,... pero hoxe convidámosvos a desconectar un pouquiño. I é que xa está por aquí unha das fins de semana máis festeiras do ano. Máis de vinte orquestras se pasarán pola bisbarra esta fin de semana. Muxía A Romaría da Virxe da Barca chega a Muxía un ano máis, baixo o sombreiro da Romaría máis popular de Galicia. Os muxiáns celebran unha Festa de Interese Turístico Nacional. Serán dez as orquestras que se pasen por Muxía esta fin de semana. Todo comezará co pregón, este venres ás 21:00h, no Cabo da Vila. Este ano a persoa que se dirixirá aos muxiáns será Jesús María Barrientos, ex alcalde de Muxía. As orquestras que virán a continuación nos amenizarán a festa o venres e o sábado ata as 09:00h da mañá. O domingo e o luns irá máis relaxada a cousa, aínda que con orquestras de primeiro nivel. Metrópolis, Triunfo, Midas, Ceniza, Samba, Asiria, Panamá, El Combo Dominicano, Palladium e Panorama se encargarán de tocar dende O Polvorete ata o Tacatá. Fisterra A vila do Cristo tamén estará de festa esta fin de semana para honrar á Virxe do Carme. As orquestras Florida, Niebla, D’ Tacón e Superstar, amenizarán as veladas. Ponteceso Se por Muxía teñen Barca, en Ponteceso estarán coa Barquiña. As orquestras Alkar, Principal, Marazul, El Combo Dominicano, Samba e París de Noia amenizarán a festa entre os días 8 e 11 de setembro. Baio En Baio tamén hai festa. Estará entre outras agrupacións, o grupo Triunfo. Ademáis haberá gaiteiros a diario. Fisterra O Boulevard acolle este venres a presentación dunha nova marca de xenebra da man do dumbriés Manuel Barrientos. Haberá chill out para ambientar, e como non, tamén haberá degustación. Corme Voltan os venres de cine á Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme. Coma sempre, os venres ás 22:00h.

Máis información

Fonte

Comentarios