Venres. 19.04.2024
El tiempo

Axenda para pasar un Día do Apóstolo a golpe de pasodoble

Axenda para pasar un Día do Apóstolo a golpe de pasodoble
axenda-costa-da-morte-25-xullo

Polo resto do país celebran o día da Patria en clave de cultura, lingua e mesmo política. Aquí na Costa da Morte gústanos celebrar o Día do Apóstolo a golpe de verbena. Así de cara a este 25 de xullo, hai unha marea de festas para disfrutar como máis nos gusta o festivo, de pasodoble en pasodoble.

Festas

Outras citas

  • As cores da Cascada do Ézaro. Cada sábado de xullo e agosto, de 23:00h a 0:00, a fervenza iluminarase con cores fermosas. Ademais os días 24 de xullo e 14 de agosto, no mesmo horario, así como os días 2, 6 e 16 de setembro.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Os domingos de xullo e agosto, ás 13 ás 17 horas Roi e Elvira conducirán as visitas guiadas teatralizadas do Castelo de Vimianzo.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre todos os días (de luns a venres de 11 a 20 horas e sábados e domingos de 11 a 21 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas. O domingo, ás 19:30 horas, haberá visita guiada teatralizada da man de Os Quinquilláns.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas. Os Quinquilláns guiarán as visitas teatralizadas todos os sábados do mes de xullo e agosto ás 17:30 e ás 19:30 horas.
  • museo Man de Camelle poderase ver ata o 15 de agosto unha exposición da escola de Arte de Vimianzo. O horario de apertura é de martes a domingo de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.
  • museo do Mar de Fisterra acolle ata o vindeiro 31 de xullo a peza que o estudo de arquitectura Creus&Carrasco levou á 15ª Exposición Internacional de Arquitectura da Bienal de Venecia. Trátase dunha maqueta de 2×1,40 m que se compón dunha base de tiras que representan o territorio con imaxes.

Máis información

Fonte

Comentarios