Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Axendacostadamorte.com: Completa ponte cultural e gastronómica na Costa

Axendacostadamorte.com: Completa ponte cultural e gastronómica na Costa
Longa ponte a que vén enriba. E chega cargada de cousas que facer. Malia que a obra de Talía Teatro en Corcubión suspendeuse, hai moitas citas teatreiras, e sobre todo moita música pola comarca de Bergantiños, onde as salas da zona coidan o concepto concerto. Ademais a longa ponte ten unha cita coas tapas, xa que estarán en marcha as Xornadas Cómete o Mar, que artella o GAC- Seo de Fisterra Ría de Muros e Noia, nos concellos das comarcas de Muros, Noia e Fisterra do 4 ao 8 de decembro. Xa saben que poden ollar todas as actividades en axendacostadamorte.com.Entre elas, destacables son as Festas da Inmaculada de Xornes, que contará na ponte coas mellores orquestras do país. Ademais xa poden escoitar o boletín da radiONeria dende QPC. Só teñen que darlle a play na barra lateral e xa terán cada día actualidade social, política e deportiva máis destacada. E os venres teñen toda a axenda cultural e deportiva da fin de semana.

Máis información

Comentarios