Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Carballo homenaxea a Garrafús e a Xesús San Luís Romero

Carballo homenaxea a Garrafús e a Xesús San Luís Romero

Doble homenaxe esta fin de semana en Carballo, unha en clave futboleira e outra en clave poética.

Homenaxe a Garrafús

Garrafus abaixo con Francisco Garcia BelloGarrafus abaixo con Francisco Garcia Bello Garrafús, abaixo, con Francisco Garcia Bello, nunha foto histórica

Este sábado 1 de decembro, a partir das 19:00h, o campo do Carral, en Sofán, acollerá a sentida homenaxe a José Ramón Pazos Iglesias, coñecido polo alcume de GARRAFÚS, xogador durante moitos anos co AT. Milagrosa. O equipo de fútbol veterano Atlético Milagrosa organiza un homenaxe na súa honra, finado recentemente con 62 anos tras unha longa enfermidade, cun partido contra o Urbeko, un equipo de médicos que xogan na Liga de veteranos da cidade da Coruña, no que se disputará un trofeo doado por Carballo-Deporte.

Na súa xuventude como profesional, e máis tarde en categoría de veteranos, xogou como dianteiro e lateral en moitos equipos de Bergantiños, entre outros o At. Arteixo, o Cabana, o Ponteceso e o Club del mar de Caión.
E co Deportivo Carballo chegou a gañar unha Copa da Costa contra o Finisterre F.C. en 1976.

Carballo lembra a Xesús San Luís Romero cando se cumpren 100 anos da estrea da súa obra teatral “O Fidalgo”

Paralemamente, en clave teatral, a Asociación Cultural Lumieira e o Concello organizan para o sábado 1 de decembro un acto de homenaxe na rúa onde naceu, fai 146 anos, o poeta zapateiro. Un momento para conmemorar o centenario da estrea de O Fidalgo, a obra teatral máis representativa de Xesús San Luís Romero.

O acto comezará ás 12.00 horas. O historiador e cronista local Xan Fraga Rodríguez fará un breve percorrido pola vida e a obra do ilustre autor carballés, e na súa casa natal descubrirase unha placa que manterá viva a súa memoria para sempre.

Xesús San Luís Romero, o menor de seis irmáns, naceu en Carballo o 9 de setembro de 1872 e finou en Compostela o 23 de setembro de 1966. O Fidalgo é unha peza fundamental da súa abundante creación literaria e unha obra clave para entender a realidade da época, xa que, utilizando a historia dun mozo bergantiñán que loita contra o poder dos caciques na nosa comarca, narra un dos episodios máis significativos da historia galega: a loita agraria.

Comentarios