Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Carballo prepara o seu potente domingo de Entroido

Carballo prepara o seu potente domingo de Entroido
Entroido Carballo 2018

Este xoves 8 de febreiro remata o prazo para inscribirse no concurso de comparsas e carrozas de Carballo. Pero o Entroido de Carballo ten un programa moito máis completo, con ata 6 días de actividades trouleiras.

O programa arrinca precisamente este xoves 8 con obradoiros de Entrudio nas escolas. O sábado 10 haberá regueifa en Oza, festa en Verdiño e Sísamo.

O día forte será o domingo 11 na Praza do Concello. A Charanga Mekánica fará pasarrúas durante toda a tarde, e se celebrarán os Concursos, presentados polo actor Pepo Suevos, e con máis de 8.000€ en premios.

A festa continúa o martes 13 co Enterro da Sardiña, que sairá da Praza doConcello ata o Paruqe do Anllóns. Aínda haberá citas o sábado 17 e o martes 20.

Programa Entroido Carballo 2018

Entroidos costeiros

Novas do ano pasado

Fonte

Comentarios