Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Carballo presenta un trimestres de venres cheos de cultura

Carballo presenta un trimestres de venres cheos de cultura

Unha vez que comprobamos que voltou o cine a Carballo, temos que seguir repasando as propostas culturais que nos ofrece a capital bergantiñá. I é que a pasada semana comezaba o Programa dos Venres Culturais do Concello de Carballo. Unha aposta por convertir o Pazo de Cultura e un espazo para divertise e disfrutar das tardes e noites dos venres. A música, o teatro e a maxia serán as protagonistas, ademais das exposicións e así xa o temos recollido na Axenda Costa da Morte.

Para o público adulto destaca a oferta de teatro con cinco citas de compañías galegas que farán as súas representacións desde xaneiro ata marzo: Cándido Pazó, Teatro do Noroeste, Lagarta Lagarta, Grupo Chévere e Teatro do Atlántico.
Outra das ofertas culturais que nunca faltan é a música, que este ano constará de 4 citas nas que vai incluído o festival RockCarballo con grupos do municipio e o concerto de Roger de Flor.

Ademais haberá 4 exposicións, a primeira con traballos de alumnos e alumnas da Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela, Alberto Gende exporá a súa obra pictórica entre o 9 de febreiro e o 9 de marzo e haberá dúas exposicións fotográficas, a do XIV certame fotográfico Xose Manuel Eirís e a do concurso Comarca Natural de Bergantiños.

Desde o 17 de xaneiro hai posibilidade de comprar bonos tanto para o Ciclo En Familia como para o teatro de adultos e tamén de reservar entradas. Ademais faranse prezos especiais para estudantes, myiores de 65 anos e menores de 12.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios