Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Chega a #AxendaCostadaMorte máis festivaleira do ano

Chega a #AxendaCostadaMorte máis festivaleira do ano
axenda costa da morte Esta fin de semana, a Costa da Morte será unha festa. Cunha fin de semana de tres días haberá ofertas de ocio para todos os gustos en distintos puntos da bisbarra. Grandes citas como a Mostra da Olería de Buño ou o festival V de Valarés combínanse na #axenda coas tradicionais festas de comer e beber. Tamén haberá tempo para as visitas guiadas e para o desfrute dos areais tal e como indica o parte costeiro de 4gotas.com. Hoxe non haberá nin unha nube no ceo da Costa da Morte, calmará de todo o vento e subirán as temperaturas chegando aos 30 grados no interior, agás nos arredores de Malpica que quedarán nos 26-28. Mañá formarase néboa no mar, por mor desta calor e polo pouco vento e o vento do norte a achegará a terra. Afectará a Malpica, Carballo, A Laracha e Arteixo a partir do mediodía e no final da tarde tamén a Laxe, Ponteceso, Corme e Muxía. Afectará ao V de Valarés na tardiña e na madrugada, pero nada importante. No resto seguirá o sol e a calor. O domingo amencerá con néboas neses concellos, soprará un pouco o vento e no final da mañá a disipará quedando outro día de sol e de calor. Mostra da Olería de Buño Buño continúa esta fin de semana coa súa 33ª edición da Mostra da Olería. Ademais das casetas de venta, o Parque Luciano García Alén acolle outras actividades ao longo destes tres días. Hoxe haberá espectáculos de maxia, mañá exhibición de música e baile tradicional e concerto do grupo Aula 11 e o domingo actuarán o grupo Habelas Hailas xusto antes do acto de clausura. Un tren turístico percorre a vila. V de Valarés A praia pontecesana de Valarés encherase dende hoxe e ata o domingo de música da boa. León Benavente, Neuman, Perro, Belako, Egon Soda, The Limboos, Fogbound, e o mesmo Kula Shaker - entre outros - encabezarán o cartel que conmemora os dez anos do festival que xa é todo un referente na Costa da Morte. Castelo Rock Hoxe e mañá, Muros cítase co Castelo Rock. Molotov, Dubioza Kolektiv, Muchachito, Mojinos Escozíos, Dakidarría, Terbutalina, Festicultores Troupe - entre outros - son algunhas das bandas que tocarán no festival que terá lugar no polígono industrial muradano. Festas
  • En Cee celebran dende hoxe e ata o día 16 as festas da Xunqueira. Serán catro días de festa amenizados por bandas como Tennesse, Los Limones e unha boa oferta de orquestas. Ademáis haberá charangas, Cantos de Taberna e, como non, fogos de artificio.
  • Festa da Fervenza. Hoxe arranca en Mazaricos a 25ª edición da Festa da Fervenza coa orquesta La Fórmula e a discoteca móbil. Mañá actuarán a orquesta La Nueva Phila e a discoteca móbil. Haberá actividades populares, hinchables e o domingo carne á grella.
  • Cesullas (Cabana de Bergantiños) celebra as festas do Carmen. Hoxe haberá unha gran churrascada amenizada polo trío La Noche e mañá tocarán na verbena Acordes e América S.L.
  • As festas de San Clemente do Pindo, Quilmas e a Curra arrincan hoxe e non paran ata o luns 15.
  • En Sardiñeiro comezan hoxe as celebracións das festas do Carmen cunha gran sardiñada e coa Charanga Mecánica. Mañá haberá pasarrúas, misa e a continuación procesión martima. Tampouco faltará a música.
  • En Verdillo rematan hoxe as festas na honra aso san Lorenzo. Na sesión vermú tocará Palladium que comparte esceario co grupo Bomba durante a verbena.
  • Na parroquia pontecesá de Nemeño estarán mañá e o domingo celebrando as festas do Sacramento. A orquesta Principal, o grupo Diamante e unha discoteca móbil poñerán o toque musical de mañá mentras que o dúa Calú e unha disco móbil amenizarán a veleda do domingo.
  • O 15 de Laxe. O domingo arrancan en Laxe catro días de festa que culminarán o mércores - 17 de agosto - coa procesión marítima ao mediodía e con fogos de artificio á noite. A orquesta Os Satélites e La Bamba encargaranse de amenizar o domingo. Palladium e Metrópolis poñerán as notas musicais do día grande de Laxe, mentras o que o Combo Dominicano e Caramelo encherán o martes a praza dos Voluntarios. Xa o mércores, poñerán as nostas musicasi Fania Blanco Show e Samba.
  • En Esteiro comezan o domingo as festas na honra da virxe do Carme. Os oficios relixiosos combinaranse coa música das orquestas durante os tres días de celebración.
  • Na Hermida-Anos (Cabana de Bergantiños) celebran esta fin de semana a súa romaría na carballeira onde non faltarán as poxas de galos, a verbena e os fogos de artificio.
  • En Castrobuxán (Calo-Vimianzo) celebran este domingo a súa merenda campestre na contorna da capela. Os festexos continuarán o luns, día 15.
  • A parroquia carballesa de Bertoa está este domingo, luns e martes en festas. Os actos litúrxicos combinaranse coa música das orquesta.
  • En Anllóns (Ponteceso) celebran dende o luns ata o mércores as festas do San Roque. Haberá unha gran churrascada, baixada e moita música.
Visitas guiadas
  • As Torres do Allo (Zas) abren durante todo o verán en horario de 11 a 20 horas e todos os domingos, as 19:30 horas, ofrecen un espectáculo teatral da man de Os Quinquilláns.
  • Castelo de Vimianzo abre no seu horario habitual e as 12 e as 19 horas haberá un servizo gratuito de visita guiada. Tamén o domingo, as 13 e as 17 horas, a compañía teatral Os Quinquilláns fará un repaso pola historia do Castelo cunha visita teatralizada.
  • O sábado e o domingo, as 13 e as 18 horas, realizanse visitas guiadas nos Batáns do Mosquetín (Vimianzo).
  • Dolmen de Dombate (Borneiro) abre todos os días entre as 9 da mañá e as 21 horas. Dispón dun servizo de visitas guiadas en horario de mañá – de 11 a 14 horas – e tarde – de 16 a 21 horas –.
  • O Forno do Forte, de Buño-Malpica, abre durante o verán entre as 11 e as 14 e de 16 a 20 horas.
Roteiros
  • Entre Dolmens e Castro. Dentro do programa de visitas guiadas Vimianzo. Historia Viva, mañá parte ás 11:30 horas do Castelo de Vimianzo un roteiro en bus que percorrerá as murallas do castro das Barreiras, en pleno val de Vimianzo. Na viaxe combinarase o mundo castrexo co megalítico coas visitas ao castro do Altiño, a necrópole de Chan do Cabral e Rabós, a monumental Pedra da Arca e o dolmen singular da Casota de Freáns.
  • Visita nocturna ao Castelo de Vimianzo.  A pantasma do último morador do castelo, Evaristo Martelo, abrirá as portas da súa residencia aos visitantes este domingo a partir das 22:30 horas . Unha oportunidade única e diferente de visitar o castelo iluminado e á luz das estrelas. Entrada de balde.
Exposicións Outras citas
  • O proxecto Muros, vila de Auga e Sal trae esta fin de semana a Muros visitas guiadas nocturnas acompañadas por música e un corcurso fotográfico.
  • Feira do libro en Cee. As presentacións literarias serán as principais protagonistas da Feira do Libro de Cee que se prolóngase ao longo de toda a fin semana - ata o domingo - coincidindo coas festas da Xunqueira.
  • Mercado das Rutas do Mar en Muxía. Durante mañá e o domingo, un mercado mariñeiro invadirá as rúas de Muxía onde non faltarán os postos de artesanía, gastronomía, espectáculos de teatro e de música na rúa, entre outras moitas actividades.
  • Charla teolóxica en Mazaricos. Este domingo, ás 16:15 horas, terá lugar na casa da Cultura da Picota unha charla sobre a concienciación ecolóxica que leva por título "A revolución verde do Papa Francisco".
  • O Cemiterio dos Ingleses será este domingo, a partir das 23 horas, o escenario dunha representación teatral coa se que recrearán partes da traxedia do Serpent.
Fonte

Comentarios