Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Continúa a actividade na #AxendaCostadaMorte

Continúa a actividade na #AxendaCostadaMorte
Despois dunha das semanas máis festeiras do ano, chega unha nova remesa de actividades para a #Axenda da Costa da Morte desta fin de semana. Actividades para todos os gustos e (case todas) de balde. Ademais, parece que o tempo permitirá desfrutar das praias da bisbarra que estes días están ateigadas de turistas.

Parte costeiro de 4gotas.com

O tempo da fin de semana será veraniego. Especialmente o do domingo.
O sábado aínda amencerán con nubes nos arredores de Bergantiños e no interior da Costa, pero irán levantando durante a mañá e lucirá o sol xa no mediodía.
Seguirá lucindo o sol todo o domingo e con calor. Uns 30 graos en Muros, 28 en Carnota, Cee, Corcubión e Fisterra, tamén no interior e uns 26 no litoral norte.
O luns continuarán subindo as temperaturas e sobre todo no norte da Costa irá moita calor!!

Festas

  • Na parroquia muxiana de Moraime celebran mañá as festas do San Roque con música xa dende pola mañá.
  • A orquesta París de Noia tocará mañá á noite en Santa Sabiña (Santa Comba) con motivo das festas do Carme.
  • En Olveira (Dumbría) honran este domingo á virxe do Carme. A verbena estará amenizada pola orquesta Samba e coa actuación das Recanteiras do Luar.

XVII Festa Folk na Fin do Camiño

  • O folk volverá a vibrar mañá na Anchoa (Fisterra) grazas á XVII Festa Folk na Fin do Camiño que este ano trae un cartel de luxo formado por Fol de Veneno, Xosé Manuel Budiño, Mercedes Peón, Os D'Abaixo e A Compañía do Ruído.

Exposicións

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 20:30 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas. Visitas teatralizadas. Todos os domingos de xullo e agosto ás 13 ás 17 horas os personaxes Roi e Elvira relatan o pasado do castelo.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. Visita guiada e demostración do funcionamento dos batáns e muíños todos os sábados e domingos ás 13h e ás 18h.
  • Sala Antón Mouzo. A artista Teresa Candal expón Matriz, unha mostra pictórica “metáfora do nacemento” na que o corpo da muller é o protagonista. Pódese ver na Sala Antón Mouzo, na Casa da Cultura de Vimianzo, até o 20 de setembro. O horario en agosto é de luns a venres de 9 a 15 horas; e en setembro de luns a venres de 9 a 20 horas e os sábados de 9 a 13 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre todos os días (de luns a venres de 11 a 20 horas e sábados e domingos de 11 a 21 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas. O domingo, ás 19:30 horas, haberá visita guiada teatralizada da man de Os Quinquilláns.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas. Os Quinquilláns guiarán as visitas teatralizadas todos os sábados do mes de xullo e agosto ás 17:30 e ás 19:30 horas.
  • museo Man de Camelle poderase ver ata o 15 de agosto unha exposición da escola de Arte de Vimianzo. O horario de apertura é de martes a domingo de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.
  • Do 12 ao 31 de agosto abre de novo as portas da Casa das Peritas de Fisterra cunha mostra que leva por título “Arredor da familia e outros contos”. Mañá, ás 20 horas, terá lugar a inauguración.

Outras citas

  • Á EsCEEna. Hoxe arranca a III semana de Teatro e das Artes Escénicas do concello de Cee coa obra "O Tolleito de Inishmaan" dixida por Cándido Pazó. A función comeza ás 21:30 horas no auditorio Baldomero Cores. O teatro volve mañá sábado (á mesma hora) coa obra "O Furancho", escrita e dirixida por Santiago Cortegoso.
  • X Festa Galega en Malpica e V Feira Medieval Mariñeira. Hoxe e mañá a música tradicional e a artesanía danse cita no peirao malpicán. Tanxugueiras, Fol de Veneno, No Filo da Ferreña, Samarúas e Radio Cós, entre outros, serán os encargados de animar as noites.
  • Festival V de Valarés. O areal pontecesán acolle un ano máis o festival V de Valarés desta cita musical que xa é todo un referente na comarca.
  • ExpoRía en Camariñas. Dende hoxe e até o domingo, Camariñas acolle unha gran cantidade de actividades co mar como elemento principal.
  • O Faro Vilán acolle na mañá do sábado a presentación dun libro.
  • O programa "Vimianzo. Historia Viva" percorre mañá pola mañá os monumentos do medievo do municipio. E xa pola tarde, o patio do Castelo acolle a "tarde de panillada".
  • Música clásica e cine nas Torres do Allo. Mañá, ás 20:30horas, Kamo Petrosian ofrece un concerto de música clásica. E un pouco máis tarde, ás 22:30 horas, o pazo acollerá a proxección da película "A Esmorga".
  • Día da Gaita en Laxe, para este sábado pola tarde.
  • Acción Natulóxica. Hoxe, mañá e o vindeiro día 26 o centro comercial Finisterrae de Cee acolle unha Acción Natulóxica na que habera actividades para todos os públicos.
  • O Semáforo de Fisterra acolle esta fin de semana dous concertos. O primeiro será hoe ás 2o horas da man dos ceense "Ankrusa" e mañá, á mesma hora, será o turno de "El ojo del mono".
  • Cine de Verán en Fisterra. A praza da Constitución será o escenario para a proxección da película "Del Revés". A cita comeza ás 22:15 horas e está dirixida a un público familiar.
  • Andaina con arte. O domingo, ás 10 horas, parte do Museo de Man unha andaina na que arte terá un especial protagonismo.
Fonte

Comentarios