Venres. 29.03.2024
El tiempo

Escritores, músicos e libreiros danse cita na feira da creatividade de Carballo

Escritores, músicos e libreiros danse cita na feira da creatividade de Carballo
feira do libro carballo 2016 Sete librarías de Carballo sacarán os seus libros á rúa entre o 21 e o 24 de xullo na feira da creatividade cultural carballesa. O humorista gráfico O Carrabouxo, o cociñeiro Benigno Campos, a música de AldaoLado, os autores carballeses Xurxo Chapela e Rosalía Fernández Rial, ou o ex xogador de fútbol Donato son só algúns dos nomes que figuran no programa da Praza dos Libros de Carballo, que este ano, e a piques de cumprir as once edicións, adianta a data da súa celebración de agosto a xullo. O motivo, evitar que a feira coincida coa campaña escolar e que así as librarías participantes podan dedicarse o mellor posible a "dar a coñecer os libros de aquí", en verbas de Ramón Tasende, do establecemento Brañas Verdes, así como a cultura e as letras. Representantes do concello de Carballo presentaron onte o programa da prazadoslibros Representantes do concello de Carballo presentaron onte o programa da #prazadoslibros A cita, que conta co apoio da fundación Luís Calvo Sanz, terá lugar entre o xoves 21 e o domingo 24 de xullo, con "catro días de intensa programación", segundo explica o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, na que haberá propostas para os máis cativos e cativas, música, obradoiros artísticos con Crea Formas, a iniciativa Un libro, un pan o domingo de feira, descontos dun 10 por cento en todos os libros e toda a oferta das librarías Teldy - que acode este ano á Praza por primeira vez -, Brañas Verdes, Trasgo, Roget, Ler, A lus do candil e Couceiro. O horario de apertura é de 11 a 14 horas e de 18 a 22 horas. A música moi presente Ademais dos nomes xa mencionados, a Praza dos Libros contará coa presentación do último libro de María Canosa ou dos poemarios de Modesto Fraga e María Lado; a presentación da colección Costa da Morte con libros de José Antonio Andrade Figueiras, Evaristo Domínguez Rial e Xosé González Reyes; ou unha presentación musical con María Reimóndez. O fisico Jorge Mira ven de publicar o seu novo libro A que altura esta o ceo O físico Jorge Mira vén de publicar o seu novo libro "A que altura esta o ceo?" De feito, a música volve ser parte importante na Praza dos Libros, repetíndose a iniciativa da sesión vermú do domingo, desta volta con Sofía Espiñeira; cunha nova sesión vermú para presentar o último libro de Jorge Mira, neste caso o sábado; e con moitos concertos e contacontos para os máis pequenos e pequenas, ás 18:30 horas todos os días con Anxo Moure, Vaioviravai, A música das árbores con Servando Barreiro, ou Pitusa Semifusa o domingo pola tarde. Biblioteca Rego da Balsa Como novidade, este ano a biblioteca Rego da Balsa ocupará o posto do concello na Praza dos Libros, abrindo no mesmo horario que o resto dos stands. Os usuarios e usuarias poderán tomar empréstitos alí mesmo, ademais de que haberá unha actividade-concurso infantil o venres 22 pola mañá sobre a mascota da biblio, Sanxo, con inscrición dende o día anterior e dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos. Por ese motivo, a biblio modifica o seu horario habitual, aínda que estará aberta a San Xoán Bautista no seu horario habitual. Na Rego da Balsa o horario mentres dure a Praza dos Libros será o seguinte: o xoves 21 e venres 22 non abre pola mañá, mais pola tarde o fai en horario normal: de 16:30 a 20:30 horas; o obradoiro de iniciación á ilustración previsto para o venres 22 terá lugar na Praza dos Libros de 10:30 a 13:30 horas. O sábado 23 abre de mañá en horario normal, de 10 a 13 horas. Porén, o obradoiro de iniciación á ilustración do sábado 23 tamén terá lugar na praza dos libros, de 10 a 13 horas. Coma sempre, a biblio estará pechada o domingo. Consulta aquí o programa completo da #prazadoslibros. Novas relacionadas Fonte

Comentarios