Venres. 19.04.2024
El tiempo

Festas #comarea na #AxendaCostadaMorte da fin de semana

Festas #comarea na #AxendaCostadaMorte da fin de semana
Completísima temos a www.axendacostadamorte.com

Impresionante está a #AxendaCostadaMorte neste ecuador do mes de xullo, un dos máis festexeiros do ano. Festas #comarea temos, comezando pola celebración da patroa dos mariñeiros, a Virxe do Carme. Pero antes de ir repasando cita a cita, preguntámoslle aos amigos de 4gotas.com como vén o tempo para estes días, que parece variado:

Haberá un pouco de todo na finde. O resumo podería ser que haberá néboa e nubes baixas nas noites e mañás e máis sol nos mediodías e tardes.
O xoves perdemos a influencia anticiclónica e quedamos baixo a presenza dunha borrasca no Atlántico. Apenas se achegará a Galicia, pero cambio os ventos. Pasaron de ser do norte a ser do oeste e polo tanto a achegar humidade desde o mar. Esa humidade transfórmase en néboas, que ao ser "quentadas" polo sol disípanse. En realidade o sol fai que a temperatura do aire aumente e un aire con máis temperatura pode ter máis humidade sen chegar a condensar (é dicir sen chegar a formar esas particuliñas de auga que son a néboa)
O venres teremos néboa ata o final da mañá e sol a partir do mediodía (menos nos arredores de Malpica), con máximas de 23-25ºC.
O sábado achegarase unha fronte e a situación será ao revés. Con sol nas primeiras horas e con nubes a partir do mediodía e mesmo con orballos na tarde.
O domingo amencerá con néboas que irán a menos a partir do final da mañá e volveremos a ter una tarde con máis sol que nubes e máximas de 23ºC. Máis sol en Bergantiños (ao contrario que o venres)

Festas do Carme

Boa parte xa arrincaron onte, e mesmo algunha celebrou o dúa grande

E máis festas

Pero tamén outras festas que non son polo Carme, pero que tamén chegan en clave verbeneira.


Carrilanas e Festa en Esteiro

O sábado 18 e domingo 19 de xullo, chega o XXVIII Gran Premio de Carrilanas de Esteiro-Marques de Vizhoja. A troula, cas Festas de Santa Mariña de Esteiro, arrincan xa o venres. E para o sábado, exposición de carrilanas, verbena completa, e como non a gran cita deportiva, de motor pero sen motor, para a tarde dominical, a partir das 19:00h.

Unha romaría para a familia

A festa máis auténtica, a que esperan todos os veciños dumbrieses cada ano, é a Festa da Familia de Dumbría, que se dá como unha auténtica romaría, na Carballeira de Berdeogas. A cita, o domingo.

A Rapa das Bestas

A Rapa das Bestas de Vimianzo no Campo da Areosa é unha cita xa internacional. O sábado xa temos lío con pulpeira e ruta cabalar pola tarde antes do encerro. Pero a cita do domingo 19 de xullo é a máis esperada. Despois do xantar tradición a base de churrasco, ata de poldro, ás 17:00h terá lugar a Rapa das Bestas, que rematará co sorteo dun becerro.

Outras citas

Teremos tamén ocasión de disfrutar de outras citas menos festivas. Por exemplo en Laxe, terá lugar a Proxección da documental de “Tesouro de Corcoesto”, unha boa cita para reflexionar en alto sobre os movementos sociais na nosa bisbarra.
Ademais, en Corcubión, e xa no marco do programa do Mercado Medieval Costa da Morte de Corcubión, o investigador muxián Manuel Vilar impartirá unha charla sobre a época medieval costeira.

Outra cita ben intersante é a sesión de maxia e música en Ameixenda, da man do ilusionista Martín Camiña e o músico Alvaro Muras.


Máis información

Fonte

Comentarios