Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Festas, olería, medievo, visitas teatralizadas e sol na #AxendaCostadaMorte

Festas, olería, medievo, visitas teatralizadas e sol na #AxendaCostadaMorte
Con ganas de sol (que volve o domingo) e con moita festa chega unha nova #Axenda coas principais citas desta fin de semana na Costa da Morte. E como sempre, son varias as propostas para estes tres días que van desde as verbenas ata exposicións, visitas teatralizadas, cine,... Antes de repasar cada unha das cita, vemos o parte costeiro de Meteogalicia.

Meteogalicia

A situación tenderá a mellorar a partir de hoxe coa entrada dun anticiclón. Será un anticiclón débil polo que lle costará traballo deixar os ceos despesaxados. Así que as previsións indican que durante a mañá de hoxe os ceos continuarán cubertos con apertura de claros xa pola tarde. Os ventos serán de compoñente norte e as temperaturas estarán por debaixo das espectativas desta época do ano e rondarán os 21-22 grados de máxima. Tamén mañá sábado, o día será indeciso. Unha clave importante, tanto para o sábado como para hoxe, o tempo será seco. Xa o domingo chegará cun reforzo do anticiclón o que o converterá no mellor día da fin de semana climatoloxicamente falando. O sol e o vento do sur farán que teñamos un día típico de verán con temperaturas que poden superar os 25 grados. No mar os ventos soprarán dende o norte-nordés durante toda a fin de semana. Ainda así non se esperan avisos no estado do mar para esta fin de semana.

Festas

  • Barizo. En Barizo (Malpica de Bergantiños) celebran desde hoxe e ata o domingo as festas do Carme.
  • Louro. En Louro (Muros) festexan esta fin de semana a Madalena con tres días de moita troula.
  • Moraime. Na parroquia muxiana de Moraime comezan hoxe as festas do Carme que se prolongarán ata o domingo e nas que non faltarán a música a ritmo de orquesta.
  • Oza. En Oza, Carballo, celebran o Carme este venres 20, sábado 21 e domingo 22 de xullo, rematando cunha gran “pulpada”.
  • Laxe. En Laxe celebran mañá as festas da Cruz da Rosa cunha dobre sesión vermú e moita verbena.
  • Tines. Mañá volve a festa á parroquia vimiancesa de Tines cunha gran comida na que participará unha boa parte da veciñanza.
  • Corcoesto. Corcoesto (Cabana de Bergantiños) acolle mañá unha festa de merendas con motivo da celebración de Santa Mariña do Remuíño.
  • Mazaricos. En Mazaricos celebran este domingo as festas do Carme.

Outras citas

  • Mostra da Olería. Buño abre esta fin de semana a súa XXXV edición da Mostra da Olería coas casetas dos oleiros abertas e outras actividades paralelas como a cocedura, sesión vermú,... A presentación oficial do evento é hoxe a partir das 17:30 horas no parque Luiciano García.
  • XVIII Mercado Medieval Corcubión. Dende hoxe e ata o domingo, Corcubión volve ao medievo coa 23ª edición do Mercado Medieval. Durante toda a fin de semana haberá moita actividade na vila ademais dos tradicionais postos de artesanía.
  • Concerto en Carballo. O programa do Verán Cultural de Carballo trae esta noite un concerto á praza do Concello que chegarán da man de Caxade. A partir das 22:30 horas presentarán o seu traballo "E isto é o amor".
  • Concerto en Malpica. O grupo "Killer Cats" actuará esta noite (a partir das 22:30 horas) no paseo marítimo de Malpica; unha actuación que se enmarca no program "Noites na Vila" posto en marcha polo concello.
  • Cine en Carreira. O concello de Zas leva o cine á parroquia de Carreira. A cita é mañá ás 22:30 horas coa proxección da película "Kong: La isla calavera".
  • Arte e Vermú na Casa das Pepitas. A Casa das Peritas, obradoiro da artista Natasha Lelenco na aldea de Mallas, en Fisterra, abre novamente esta fin de semana as súas portas como ocasional galería de arte. Faino cunha exposición que poderá visitarse os venres, sábados e domingos entre as 12:00 e as 14:00 horas.
  • Visita guiada ao Porto de Cereixo. O concello de Vimianzo organiza unha visita guiada ao Porto de Cereixo, un dos conxuntos arquitectónicos con maior relevancia histórica, boa conservación e harmonía da comarca. A actividade, que se realizará o sábado, terá unha duración estimada de dúas horas e a saída será ás 11:30 horas en bus dende o Castelo de Vimianzo.
  • Iluminación Fervenza Ézaro e cine ao aire libre. A Fervenza do Ézaro volverá a iluminarse mañá á noite enchendo de cores e maxia un dos puntos turísticos da Costa da Morte máis visitados.
  • Vimianzo Historia Viva. En homenaxe ás persoas represaliadas pola ditadura franquista este domingo, ás 22:00 horas, terá lugar no Castelo de Vimianzo unha velada musical e teatral dirixida por Tero Rodríguez. Neste mesmo día en 1936 o goberno municipal celebrou un acto simbólico no que se expropiou a fortaleza á familia Martelo para instalar nel o consistorio e outros servizos públicos. Alí, en plena semana tráxica tralo golpe de Estado, ondearon a bandeira republicana, a comunista e socialista.
  • XV Certame Cabalar en Santa Comba. O campo da feira de Santa Comba acolle este domingo o XV Certame Cabalar cun completo programa de actividades durante todo o día.

Visitas teatralizadas

  • Castelo de Vimianzo. Todos os domingos de xullo e agosto, o Castelo de Vimianzo oferta unha visita guiada teatralizada da men de Os Quinquilláns. Hai dous pases; un ás 13:00 horas e outro ás 17:00 horas. Esta é unha actividade gratuita e dirixida a todos os públicos.
  • Dolmen de Dombate. Todos os sábados de xullo e agosto, os visitantes do Dolmen de Dombate que o fagan ás 18:00 e ás 19:30 horas poderán asistir a unha amena e divertida lección de historia e antropoloxía ao redor de Dombate a través dunha visita teatralizada guiada por Os Quinquilláns. A entrada é de balde e está dirixida a todos os públicos.
  • Torres do Allo. Os domingos de xullo e agosto, os antigos habitantes do pazo dasTorres do Allo cobran vida coa visita teatralizada que se ofrece de forma gratuita ás 19:30 horas. A ela pode asistir todo tipo de público e a entrad é gratuíta.

Exposicións

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre todos os días durante os meses de verán (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • sala de exposicións da Casa da Xuventude de Carballo acolle ata o 31 de xullo “O Bululú”; unha exposición de Miolos.
  • Faro Vilán en Camariñas. Ata o 31 de agosto, as instalacións do faro Vilán abren de 11:00 a 21:00 horas de luns a domingo. A entrada é de balde.

Máis información

Fonte

Comentarios