Ignacio Vilar pon fin á rodaxe de Sicixia
07:10 24/03/16
Durante cinco semanas o equipo de Sicixia rodou en varios lugares da Costa da Morte
Tras percorrer os lugares máis emblemáticos da Costa da Morte recollendo as súas paisaxes, xentes e sonido Ignacio Vilar ponlle fin á rodaxe do seu próximo filme - Sicixia - despois de cinco semanas de intenso traballo.
As últimas tomas recolleranse na Mostra do Encaixe de Camariñas, que o farán hoxe entre as 11 e as 13:30 horas, e o venres na procesión do Venres Santo de Fisterra - de 10:30 a 12:30 horas -.
Esta "historia para escoitar a vida na Costa da Morte”, tal e como sinalaba Nacho Vilar nunha entrevista realizada recentemente, foi rodada integramente en galego, estará protagonizada por Monti Castiñeiras e Marta Lado; unha veciña da Costa da Morte coa que tivemos oportunidade de falar estes días. A historia contará ademais con outro protagonista moi especial, a Costa da Morte. Co fin de captar a súa esencia en todas as súas facetas, a rodaxe prolongarase ata a Semana Santa.
Durante cinco semanas, o equipo de gravación estivo rodando nos concellos de Carnota, Dumbría, Fisterra, Muxía, Camariñas, Cabana de Bergantiños, Carballo, Cee, Cerceda, Vimianzo e Corcubión.
Do mesmo xeito, por esixencias do guión, a primeira fase da rodaxe tivo lugar na popular Rapa das Bestas de Sabucedo, na Estrada, unha festa que pola súa forza e carácter salvaxe serve de prólogo a unha historia de amor e desamor na Costa da Morte.
Máis información
Novas cinematográficas
- Marta Lado: “Con Sicixia descubro lugares e sensacións da Costa da Morte que non coñecía”
- “Agardamos recuperar a Vaca de Fisterra para escoitala en Sicixia”
- A Costa da Morte ponse de longo para acoller a rodaxe do filme Sicixia.
- Nacho Vilar: “Sicixia é unha película para escoitar a vida da Costa da Morte”.
- Comeza a rodaxe do filme Sicixia, no que a Costa da Morte é protagonista
- Almódovar roda escenas de “Silencio” na Virxe da Barca.
- Almodóvar, buscando localizacións pola Costa da Morte
- Os Fenómenos, outro filme de produción galega con participación costeira.
- A Esmorga, no Top 10 da carteleira a nivel estatal.
- Os Crebisnky de Miguel de Lira triunfan nos Mestre Mateo.
- A Costa da Morte de Lois Patiño prepara a carreira polos Goya.
- O filme Costa da Morte, Premio Especial 2015 dos Premios Feroz.
- Unha documental de percebes e boulder.
- Illados, unha nova documental sobre a idiosincrasia da Costa da Morte.
- Un solpor peregrino ao son do chelo.
- As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.
- Unha historia de Cráneos e Ósos na DeadCoast.
- Sicixia, a primeira película que se rodará integramente na Costa da Morte.
- “The Way” tamén chega á Costa .
- “A Mariñeira” enche os cines de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])
- Imaxes: Facebook de Sicixia