Venres. 29.03.2024
El tiempo

Lolita trae ao FIOT a súa obra de teatro "Freda"

Lolita trae ao FIOT a súa obra de teatro "Freda"
lolita-fiot-carballo A representación será o sábado 13 de outubro no Pazo da Cultura de Carballo a partir das 20:30 horas Esta tarde o pazo da Cultura de Carballo acolle a presentación do FIOT - Festival Internacional Outono de Teatro - do que pouco a pouco se vai coñecendo o programa. E despois de que a organización abanzasen que o 11 de outubro volverán ao escenario carballés a compañía Ron Lalá coa obra “Crimen y Telón” onte avanzou que a 27ª edición deste festival de teatro recibirá a obra "Fedra" que interpreta Lolita Flores. A obra - que se presenta por 1ª vez en Galicia - é unha adaptación dun dos novos dramaturgos máis notables do panorama teatral actual: Paco Bezerra. O seu texto, un zume de traxedia que exuda intensidade e poesía, púxoo en pé Luís Luque, habitual compañeiro de aventuras escénicas de Bezerra, cunha protagonista que concentra as miradas cada vez que se sobe a un escenario: Lolita González Flores. Xunto a ela estarán Juan Fernández, Críspulo Cabezas, Eneko Sagardoy e Tina Sáinz. Fedra emerxe en escena atafegada polo tormento, coa súa espesa cabeleira cubrindo o seu rostro, nunha fermosa imaxe creada por Luque. A culpa lle corroe e lle atenaza, pero aos poucos vai crecendo nela o orgullo, a firmeza, que lle levan a querer desafiar as normas e reivindicar a lexitimidade dos seus desexos. Pero tropeza coa negativa de Hipólito, e a necesidade de salvarse da ira de Teseo, o seu marido, lévanlle a acusar o seu fillastro de quererlle violar. A traxedia está servida. A representación terá lugar o sábado 13 de outubro, ás 20:30 horas. A entrada ten un custo de 15€ e ésta é unha obra recomendada a maiores de 14 anos. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/a-compania-ron-lala-estrea-no-fiot-a-sua-obra-crimen-y-telon/ “Este ano o derbi xógase no FIOT27 entre Carlos Blanco e Touriñán” — Que pasa na costa “O FIOT premia a Manuel Lourenzo co Xograr de Outono 2018” — Que pasa na costa Fonte

Comentarios