Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Máis de 25 agrupacións participan no Novembro con Música de Carballo

Máis de 25 agrupacións participan no Novembro con Música de Carballo
cartel-novembro-con-musica-carbalo-2016 Volven a Carballo sos sons do Novembro con Música, un programa que concentra unha oferta musical na que conflúen moitos estilos, dende o folk, o pop, a música coral, a clásica ou a propiamente infantil; e no que teñen cabida tantos grupos afeccionados como profesionais. As formacións musicais de Carballo son tamén as protagonistas das actuacións, xa que durante este mes locen o traballo realizado ao longo do ano e colaboran, a través do convenio musical subscrito polo concello, coa programación cultural do municipio. Máis de 25 agrupacións, solistas ou conxuntos musicais, participan en oito concertos espallados durante todo o mes de novembro, cun espazo especial para os máis cativos e cativas cunha cita En Familia. Todas as citas son de acceso gratuíto, aínda que precisamente para o concerto dirixido a público familiar será preciso recoller un convite previo debido a que sempre se completa o aforo. Ademais, o programa, organizado polo concello coa colaboración da Deputación da Coruña, tamén se complementa con outras ofertas culturais como exposicións, obradoiros, citas relacionadas co 25 de novembro - día mundial pola eliminación da violencia de xénero-. Concertos para todos os públicos O primeiro concerto terá lugar este venres - 11 de novembro - co Live in Cances, este ano con Strobos, Killer Cats e New Orleans Trio. Os Sons de aquí chegan o sábado 12 cun concerto de música tradicional con 12 agrupacións. E o domingo 13 chega a cita En Familia con Canta o cuco, un concerto de Uxía e Maxín Blanco inspirado no imaxinario de Manuel María e no que se mesturan música, monicreques, teatro, técnicas audioviuais,.. A música coral estará representada o venres 21 de novembro con Festival de Corais no que participan o Coro Aires de Bergantiños e a Coral Polifónica de Bergantiños; e o sábado 26, co tradicional concerto de Santa Cecilia, que este ano contará coa rondalla Estrelecer de Fene, a coral Xoán Mella de Baio, e a anfitrioa, a coral polifónica de Bergantiños xunto co coro de voces Brancas. Por último, o recoñecido grupo de percusión Odaiko presenta o espectáculo Invención, unha mostra da evolución da música ao longo do tempo a través do humor e o virtuosismo. Será o venres 25 de novembro. Máis citas presentacion-novembro-musica-2016 presentacion-novembro-musica-2016 Ao longo de todo o mes a programación cultural en Carballo conta con outras citas non relacionadas directamente coa música, pero que axudan a completar o programa. Entre elas, a exposición do Premio Luis Ksado da Deputación da Coruña, unha instalación fotográfica na rúa Coruña, actividades para escolares incluídas no programa DAC Outono Cultural da Deputación, ou citas organizadas polo Centro de Información á Muller - CIM - con motivo do 25 de novembro, do programa Apego polo galego na infancia ou na biblioteca Rego da Balsa. O alcalde - Evencio Ferrero - e o concelleiro de Cultura - Marcos Trigo - presentaron onte a programación e animaron á veciñanza a que sigan participando neste programa dedicado á música máis de proximidade. Novas relacionadas Fonte

Comentarios