Manuel Rivas presenta en Carballo a novela "O último día de Terranova"
07:15 27/01/16
Manuel Rivas presenta en Carballo "O último día de Terranova"
Volve a actividade á biblioteca Rego da Balsa de Carballo. E faino cun dos grandes, xa que o mañá xoves o coñecido escritor Manuel Rivas presentará aquí o súa nova novela "O último día de Terranova", de edicións Xerais.
O autor galego contará as claves desta emocionante historia dunha libraría onde conflúen amores, libros prohibidos, náufragos da vida e a memoria oculta da historia máis recente. O proganista da novela é Vincenzo Fontana, un home que repasa os seus recordos o día no que abandoar a librería que herdou dos seus pais, víctimas da represión franquista.
A presentación da novela será ás 20 horas e posteriormente terá lugar a sinatura de libros do autor.
Novas relacionadas
- Manolo Rivas, contacontos, faladoiros e documentais enchen de actividade a biblioteca Rego da Balsa
- Manuel Rivas doou o seu primeiro millar de libros á Biblioteca de Vimianzo
- Un poema de Manolo Rivas ao silencio dos peixes do Cabo Vilán
- Redacción QPC ([email protected])
- Biblioteca Carballo