Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Casino1889 recuperou o histórico Certame Poético Festas Minervais para festexar as #LetrasGalegas

O Casino1889 recuperou o histórico Certame Poético Festas Minervais para festexar as #LetrasGalegas
Festival ContraLetras no Casino de Carballo 4

O Casino1889 de Carballo encheuse de poesía na celebración do I Festival Contra-Letras, que arrancou no serán do pasado mércores cun asalto poético. O acto, que estivo acompañado musicalmente pola guitarra de Pablo Moreira (Larkhill), foi íntimo e con momentos moi emotivos. Lembráronse as Irmandades da Fala no día que facían 102 anos e da poesía pasouse, despois, a un dinámico debate en que a protagonista foi a lingua galega.

O xoves comezou a mediodía, cunha mesa redonda (“Estendendo versos no pentagrama”) en que os membros de distintas formacións musicais galegas falaron sobre o se proceso creativo, nun intento de desmitificar a poesía. Manuele Caamagno (Familia Caamagno), Miguel Mosqueira e Samuel Solleiro (Ataque Escampe), Nuno Pico (Oh! Ayatollah) e Suso Serrano (Lowcos/Psycofonia) falaron sobre música, poesía e lingua, co público que se mostrou moi receptivo e participativo, antes de dar paso á entrega dos premios do Certame Poético Festas Minervais do Casino1889.

Os premiados, que presentaron traballos de grande calidade, foron Rafa Otero (primeiro), Patricia Molina (segundo) e Carolina Pacoret (terceiro). Para celebralo, a sesión vermú estivo amenizada por un grupo de gaitas.

Na parte da tarde, o “Criapoética”, o obradoiro de escrita poética, impartido por Olivia Pena, reuniu público de diversas idades e caracterizouse pola distensión, mentres os “poetas” escribían as suas primeiras composicións. Unha forma divertida de achegar a xente á poesía. O Festival clausurouse cunha conversa co recoñecido dramaturgo Xesús Pisón, ás voltas sobre a “Poesía fóra dos versos”.

https://quepasanacosta.gal/un-certame-de-poemas-para-recuperar-o-historico-festival-contra-letras-do-casino/

https://quepasanacosta.gal/o-casino-renace-coas-portas-mais-abertas-que-nunca/  

Comentarios