Venres. 19.04.2024
El tiempo

O certame Xosé Manuel Eirís entrega os seus premios recondando a Paco Souto

O certame Xosé Manuel Eirís entrega os seus premios recondando a Paco Souto
certame-xm-eiris-carballo Imaxes que resultaron gañadoras no XIX Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís de Carballo A entrega de premios e inauguración do XIX Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís converteuse nunha sentida homenaxe a Paco Souto, poeta, dramaturgo, activista cultural e concelleiro do BNG en Malpica, falecido o xoves mentres mariscaba na zona de Santa Mariña, en Razo. Durante o acto - ao que asistiron, ademais do xurado, o alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Cultura e Deporte, Marcos Trigo; Luciano Calvo, pola Fundación Luis Calvo Sanz, un dos patrocinadores; e Feliciano, Pilar, Pablo e Jesús Eirís, en representación da familia de Xosé Manuel Eirís - gardouse un minuto de silencio polo pasamento de Souto, moitas veces colaborador coa voncellaría de Cultura e unido por unha boa e longa amizade con traballadores e traballadoras municipais e edís. “Hoxe o mar roubounos as palabras”, dixo, moi emocionado, o alcalde. “Por iso é duro participar en actos de homenaxe a persoas que xa non están entre nós”, engadiu en referencia ao propio Souto, ao pintor e deseñador Alberto Gende (a sala onde se inaugurou onte a exposición leva o seu nome) e a Xosé Manuel Eirís. Veredicto ganador-certame-xm-eiris-carballo José Ramón Luna de la Ossa - fotógrafo madrileño afincado en Cuenca - gañou por segunda vez o primeiro premio do Certame Xosé Manuel Eirís Tras as mostras de afecto e respecto, leuse o veredicto e entregáronse os premios. José Ramón Luna de la Ossa, fotógrafo madrileño afincado en Cuenca, gañou por segunda vez o primeiro premio, dotado este ano con 1.500 euros e diploma, pola fotografía teatro de lo humano. O segundo premio, patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz con 750 euros, foi para o Autorretrato con praia, de Samuel Ortiz Lois. Este ano o Premio Especial Carballo, dotado con 500 euros e diploma, recaeu na fotografía Nomad, do italiano afincado en Galicia Simone Maestra. Ademais, o xurado decidiu outorgar un accésit de 300 euros e diploma á obra Nómadas, de Alfonso Rego López. O xurado, presidido por Marcos Trigo, estivo integrado ademais por María del Mar Barca Gómez, en representación da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños (Afaber); Ángel Cordero Gómez e Ignacio Romero Sánchez, fotógrafos profesionais e profesores de Fotografía da Escola de Imaxe e Son da Coruña; Vari Caramés, fotógrafo profesional; Beatriz Fernánde Cortizas, licenciada en Belas Artes na especialidade de Deseño e Audiovisuais e profesora de Debuxo, e Nuria Cortés Bernárdez, auxiliar administrativa da Concellaría de Cultura, que exerceu coma secretaria. A esta edición do certame presentáronse 74 participantes e 163 obras, 73 das cales poden verse na exposición que inauguramos onte e que estará aberta ata o 30 de abril.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios