Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Colexio de Xornalistas une a medios co terceiro sector para mellorar o conxunto da sociedade

O Colexio de Xornalistas une a medios co terceiro sector para mellorar o conxunto da sociedade
Responsables do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia Responsables do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

Máis que importante a xornada de networking que organizou durante o pasado mércores o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia na Fundación Barrié da Coruña. Unha cita, á que acodía QPC, para aprender a mellorar na trasmisión de información á cidadanía sobre o terceiro sector. Entidades sociais e xornalistas compartiron unha mañá de inquedanzas, propostas, debates, ideas, dúbidas… que serviron para poñerse cara en moitos casos, e para aprender certos puntos de encontro que poden achegar a realidade do terceiro sector á sociedade, e así, mellorala no seu conxunto.

Un terceiro sector, tremendamente profesionalizado a día de hoxe, que xa cambiou ese valor do voluntarismo para convertirse nun verdadeiro motor económico, unha vez que xera o 5,7% do PIB en Galicia, máis que o sector automobilístico. Máis aínda neste momento no que o “márketing social” está sendo moi demandando polas grandes corporacións, xa que cada vez máis “desgrava” boa imaxe.

Entidades sociais e xornalistas na Fundacion Barrie Entidades sociais e xornalistas na Fundacion Barrie

Aquí na Costa da Morte comprobámolo moi ben, coa cantidade de entidades sociais que traballan na bisbarra (Vieiro, Vieiro, Proxecto Home, Daleth, Aloumiños, Amigos de Galicia, Íntegro, Aspaber, APEM, Cruz Vermella, Un paso máis, Aspadex…), coa profesionalidade que demostran no seu fundamental traballo.

E precisamente para axudarlles a comunicar mellor o que fan serviu tamén esta xornada de traballo. Poñer historias por riba dos datos, aproveitar os momentos nos que a media olla cara as problemáticas que tratan as diferentes entidades, ou preparar un protocolo de crise de imaxe, foron algunhas das ideas que xurdiron nas mesas de traballo. Os medios tamén aprendimos moitas cousas de linguaxe inclusiva, ademais de coñecer un pouco máis de preto certas temáticas e reiterar a importancia de poñer a verdade e a ética por riba dos clicks.

Unha das conclusións máis singulares é a petición dunha cátedra universitaria de Xornalismo do Terceiro Sector, unindo as entidades e o Colexio coa Universidade. Ademais, outra das conclusións é a necesidade de máis formación en materia de comunicación para estas entidades.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/15-entidades-do-sector-social-reciben-axudas-do-concello-de-carballo/ https://quepasanacosta.gal/a-deputada-nacionalista-anxela-franco-quixo-conecer-de-preto-as-actividades-e-as-demandas-de-aspadex/ “Íntegro forma desempregados en administración” — Que pasa na costa “Vieiro informou dos seus programas ás orientadoras dos IES de Carballo” — Que pasa na costa “Aspaber estrea novo equipo de limpeza para Malpica” — Que pasa na costa “Aloumiños e Cadelar volven levar intervencións con animais aos coles da bisbarra” — Que pasa na costa “A Agrupación Deportiva Un Paso Máis empeza un novo curso de inclusión” — Que pasa na costa O Colexio de Xornalistas une a medios co terceiro sector para mellorar o conxunto da sociedade

Máis que importante a xornada de networking que organizou durante o pasado mércores o Colexio de Xornalistas na Fundación Barrié na Coruña. Unha cita, á que acodía QPC, para aprender a mellorar na trasmisión de información á cidadanía sobre o terceiro sector. Entidades sociais e xornalistas compartiron unha mañá de inquedanzas, propostas, debates, ideas, dúbidas… que serviron para poñerse cara en moitos casos, e para aprender certos puntos de encontro que poden achegar a realidade do terceiro sector á sociedade.

Un terceiro sector, tremendamente profesionalizado a día de hoxe, que xa cambiou ese valor do voluntarismo para convertirse nun verdadeiro motor económico, unha vez que xera o 5,7% do PIB en Galicia, máis que o sector automobilístico. Máis aínda neste momento no que o “márketing social” está sendo moi demandando polas grandes corporacións, xa que cada vez máis “desgrava” boa imaxe.

Aquí na Costa da Morte comprobámolo moi ben, coa cantidade de entidades sociais que traballan na bisbarra (Vieiro, Vieiro, Proxecto Home, Daleth, Aloumiños, Amigos de Galicia, Íntegro, Aspaber, APEM, Cruz Vermella, Un paso máis, Aspadex…), coa profesionalidade que demostran no seu fundamental traballo.

E precisamente para axudarlles a comunicar mellor o que fan serviu tamén esta xornada de traballo. Poñer historias por riba dos datos, aproveitar os momentos nos que a media olla cara as problemáticas que tratan as diferentes entidades, ou preparar un protocolo de crise de imaxe, foron algunhas das ideas que xurdiron nas mesas de traballo. Os medios tamén aprendimos moitas cousas de linguaxe inclusiva, ademais de coñecer un pouco máis de preto certas temáticas e reiterar a importancia de poñer a verdade e a ética por riba dos clicks.

Unha das conclusións máis singulares é a petición dunha cátedra universitaria de Xornalismo do Terceiro Sector, unindo as entidades e o Colexio coa Universidade. Ademais, outra das conclusións é a necesidade de máis formación en materia de comunicación para estas entidades.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/15-entidades-do-sector-social-reciben-axudas-do-concello-de-carballo/ https://quepasanacosta.gal/a-deputada-nacionalista-anxela-franco-quixo-conecer-de-preto-as-actividades-e-as-demandas-de-aspadex/ “Íntegro forma desempregados en administración” — Que pasa na costa “Vieiro informou dos seus programas ás orientadoras dos IES de Carballo” — Que pasa na costa “Aspaber estrea novo equipo de limpeza para Malpica” — Que pasa na costa “Aloumiños e Cadelar volven levar intervencións con animais aos coles da bisbarra” — Que pasa na costa “A Agrupación Deportiva Un Paso Máis empeza un novo curso de inclusión” — Que pasa na costa https://quepasanacosta.gal/apem-celebrou-o-dia-mundial-da-saude-mental-cunha-gran-cea-solidaria/

Comentarios