Mércores. 20.11.2019
El tiempo

O FIOT prepárase para unha fin de semana cargada de funcións

O FIOT prepárase para unha fin de semana cargada de funcións
Coincidindo co festivo do 12 de outubro, esta fin de semana será unha das máis importantes do FIOT no que as funcións en sala se refiren das cales, dúas, son estrea en Galicia. A primeria será o xoves, día 11, ás 21:00 horas con "Crimen y Telón" de Ron Lalá; unha compañái que xa recibiu o Premio do Público no 2016. O detective Noir intenterá descubrir quen matou ao teatro antes de que a Axencia Anti Arte desvele o segredo do seu escuro pasado. Para iso percorrerá a historia do Teatro na procura de verdades ocultas, mentras unha rede de misteriosos personaxes conspiran na sombra. O humor crítico, o ritmo desenfreado, a poesía, a música, as gargalladas e a provocación están garantidas nesta obra que se estrea en Galicia. Ao día seguinte, o venres 12, será o turno de La Joven Compañía que trae a súa obra "Playoff"; unha traxicomedia na que se fala de liberdade, de mulleres que queren desfacerse de tódolos lastres que lle impoñen e na que se reflexiona sobre o papel da muller e do deporte feminino. Todo acontece nun vestiario dun equpo de fútbol feminino. E outra das estreas da fin de semana será "Fedra", de Pentación Espectáculos, que se representará o sábado 13 de outubro e que ten entre o seu elenco de actores a Lolita Flores. Fedra, a raíña da Illa do Volcán, está enferma e ningúen acerta coa causa da súa enfermidade. A gran responsable da súa doenza é unha paixón irrepimible que a atormenta. A obra estreouse recentemente no Festival Clásico de Mérida. Exposición Por outra parte, hoxe terá lugar o acto inaugural da exposición bibliográfica dunha selección do fondo de máis de 2000 volumenes doado ao concello de Carballo por Xoan Manuel López Eirís. A inauguración terá lugar a las 19:30 horas na Biblioteca Rego da Balsa nun acto ao que asistirán a familia de López Eirís; o alcalde de Carballo, Evencio Ferreiro; o concelleiro de Cultura e Deporte, Marcos Trigo e o presidente da asociación Telón e Aparte, Alberto Sueiro. Tamén confirmou a sua asistencia o dramatúrgo Manuel Lourenzo quen os vindeiros días será nomeado Xoglar de Outono 2018 do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo. Otni Tamén esta fin de semana, arranca o IX Ciclo OTNI - Obxecto Teatral Non Identificado - coa estrea en Galicia de "La tristeza de los Ogros" de Théatre National de Wallonie-Bruxelles. Este potente e sobrecolledor espectáculo quedará na memoria dos espectadores durante moito tempo. A obra converteuse nun espectáculo de culto en Europa e supuxo a consagración de Fabrice Murgi, un dos novos talentos renovadores da escena europea e actualemente director do Teatro Nacional de Bélxica. Novas relacionadas “O FIOT recibe o premio da Cultura Galega de Artes Escénicas” — Que pasa na costa “41 espectáculos reforzan unha edición do FIOT moi “millennial”” — Que pasa na costa  

Comentarios