O Modesto Patrimonio: A Santiña de Trasufre
08:13 21/07/18
Capela da Santiña de Trasufe
Imaxe da Santiña de Trasufre
O lugar de Trasufre, xunto coa da Farrapa e Calo, están nun enclave que por lóxica deberían pertencer ó concello de Dumbría. Así a xente evitaría ter que cruzar o río Castro para cumprir as obrigas relixiosas e as administrativas no concello de Muxía.
Conta a historia que para asistir a misa na parroquia de Coucieiro e evitar o cruce do río Castro por uns pasais, o cura D. Francisco Bretal Marino determinou construír no ano 1785 unha capela no lugar de Trasufre para cumprir coa obriga de oir misa os Domingos e Festivos. Como advocación púxolle “Nosa Señora de Aránzazu”, nome que equivale en vasco “Tú entre los espinos” e que ó longo do tempo transformouse en “Virxe do Espiño”.
Na actualidade é coñecida como “A Santiña de Trasufre”, da cal a festa celébrase o 21 de setembro. Esta Santa colleu moita fama e devoción na comarca por ser avogosa para curar as verrugas e outros males da pel. A capela quedaba pequena, polo que no ano 1872 trataron de ampliala coa pranta en forma de cruz latina e tamén acondicionar a fonte do seu entorno. Os devotos, aparte de oír misa, dar unha esmola ou deixar froitos de labranza na sancristía, ou aves para a poxa, ían á fonte lavar a pel ou as verrugas e secalas cun pano que o deixaban colgado na silveira. Debían recitando ó mesmo tempo: verrugas traigo/verrugas teño/aquí colgo o pano/e marcho correndo. Cremos que nas datas da construción da Capela tamén construíron un cruceiro no campo para presidir as procesións que máis tarde sería colocado na actual explanada.
Fonte da Santiña de Trasufre
Cruceiro da Santiña
Se observades o actual cruceiro ten unha cruz rústica de cemento que non encaixa cos modelos do s.XIX. Según comentarios dos veciños do lugar, non se sabe a data, pero foi un día de festa cando o camión da orquestra, coa cabina, arrastrou os cables do alumeado, que estaban atados á cruz, e caeu ó chan esnaquizándose. Din que os cachos estiveron moito tempo almaceados na sancristía, pero decoñecemos o seu destino final. Este cruceiro estivo varios anos sen cruz ata que un veciño deste lugar de Trasufre, fillo de Andrés da Casa do Camiño, coñecido como Pedro, un emigrante en Bos Aires, decidiu facerlle unha de cemento que é a que ten na actualidade. Outro cachiño do noso patrimonio que desapareceu do noso territorio.
Artigos relacionados
https://quepasanacosta.gal/a-ponte-de-trasufre/ https://quepasanacosta.gal/o-modesto-patrimonio-por-que-lle-chaman-as-caldeiras-do-castro/ https://quepasanacosta.gal/hoxe-o-pitoniso-trasufre-1985/O Modesto Patrimonio
- A Caverna de Baixo da Ortigueira do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Pedra Cabana do Rego Bravo no Monte do Pindo.
- A morte dunha veciña de Buxantes en Cee polo exército francés e o apelido “Lema”.
- A Pedra Cabana do Rego Bravo no Monte do Pindo.
- A esquecida Capela de San Miguel de Coucieiro.
- O topónimo: O Pindo ou Monte Pindo?.
- Explorando a toponimia dos camiños do Monte do Pindo.
- Os lavadoiros de Dumbría.
- O Cruceiro de Calo.
- O bichoco da pataca.
- O Modesto Patrimonio: As Xunqueiras de Cee na ría de Corcubión.
- O sarcófago da Igrexa parroquial de Buxantes.
- A Cabana das Chozas, outra Caverna dos refuxiados no Pindo.
- A Furna do Río da Barco.
- Fonte Mateo e A Cova dos Morcegos no Monte do Pindo.
- A Cova da Pendente do Monte Pindo.
- O Castro de Alvarellos de Berdeogas.
- Lugas de Castrelo, Colúns.
- A Capela de San Marcos do Logos.
- Os muíños do Rego de Quenxe.
- Por que lle chaman as Caldeiras do Castro?:
- Semellanza dos nosos muíños fariñeiros cos canarios.
- Os muíños da nosa comarca.
- Recordando o día máis angustioso de Xesús.
- As varas: As antigas unidades de medida.
- Recordando algo da historia da parroquia de Berdeogas.
- A hidrocentral “Electra del Jallas”.
- O 50 aniversario do Encoro da Fervenza.
- A igrexa parroquial de Dumbría.
- Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- O piñeiro-marco entre Cee e Corcubión.
- A escola de Dumbría.
- Reparación do piso e do teito da Igrexa de Buxantes.
- O Dolmen da Pedra da Arca.
- A Cabana da palla do millo.
- Apañar o mato en primavera.
- A Ponte de Canelas en Dumbría.
- O arado de madeira ou tamén chamado romano.
- O Cruceiro pantasma do Monte de Olveira.
- Memoria Histórica de Buxantes – Muíño da Fonte Santa.
- O Castro de Castromiñán.
- O lugar de Quenxe.
- A Igrexa Parroquial de Buxantes.
- A Igrexa Parroquial da Ameixenda.
- O Bico do Santo en Carnota.
- Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])