Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Museo de Bergantiños abre ás portas por dentro á rede gracias ao Street View

O Museo de Bergantiños abre ás portas por dentro á rede gracias ao Street View
Museo de Bergantinos por dentro Captura do Street View do Museo de Bergantinos por dentro O edificio do antigo cárcere de Carballo, que alberga o Museo de Bergantiños, está de noraboa neste comezo de 2018. Estrea web propia, presenza en Google Maps e un programa de visitas guiadas a distintos recursos turísticos do concello . Así desde onte mesmo é posible coñecer o edificio por dentro desde calquera ordenador ou teléfono utilizando o sistema de Street View. Deste xeito, un dos recursos turísticos emblemáticos da vila gana en proxección e notoriedade tamén na rede.

Visitas

Outra das novidades do Museo de Bergantiños é que se converte na central de reservas para o programa de visitas guiadas en grupo que ofrece a Concellaría de Promoción Económica, a través do departamento de Turismo, ao propio Museo de Bergantiños, ao espazo natural de Razo-Baldaio e ao proxecto Derrubando Muros con Pintura. Este último é na actualidade un dos máis demandados. Esta mesma semana participaron no programa de visitas guiadas aos murais varios grupos de alumnos/as do CEIP Bergantiños. O número mínimo de participantes para unha visita guiada é de 10. As solicitudes poden formularse a través da propia web, á que se accede desde o banner superior da páxina do Concello de Carballo ou pinchando aquí: http://carballo.gal/museo/visitavirtual.php?idioma=gl. Visita escolar guiada polos murais de Carballo Visita escolar guiada polos murais de Carballo

Reforma

Este ano tamén se acometerá a reforma do histórico edificio. No orzamento municipal figura unha partida de 229.900 euros para solucionar problemas estruturais do Museo de Bergantiños como a reparación de gretas, o illamento e a climatización ou a instalación dunha iluminación máis eficiente. Así mesmo, reformaranse os aseos, mellorarase a zona de atención ao público e colocarase unha nova cuberta no patio, entre outras actuacións que afectarán tamén á fachada da biblioteca.

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios