Martes. 23.04.2024
El tiempo

O museo do teléfono móbil de Santa Comba

O museo do teléfono móbil de Santa Comba
Museo do Mobil O Servizo de Edificios Múltiples de Santa Comba agocha este pequeno tesouro en forma de museo de teléfonos móbiles

Unha simpáctica curiosidade traemos hoxe a QPC dende o Edificio de Servizos Múltiples de Santa Comba. Concretamente dende o despacho de José Manuel Rodriguez, Huelvis, e José María Suárez, dous deses técnicos municipais que todo Concello desexaria ter nas súas filas. Levan tempo con esta toulada, e o que comezou sen intención algunha, acabou sendo case un museo.

”Pois foi desas cousas que pasa en todas as casas. Gardas algo porque che dá pena tíralo e detrás de un vén outro, e agora temos pena de non ter gardado máis non só polo feito de que a colección fose máis completa, senón porque a xente vexa outras cousas que nin se imaxina”, apunta José María. “Por exemplo, teño pena de non ter gardado o primeiro teléfono que utilizou o alcalde do momento Pepe Toja, un Solac unha marca que sempre se asociou a cachivaches de cociña e non tiña nin tarxeta. Agora teño pena por ter gardado no seu momento auténticas xoias do principio de Ericsson, Motorola e Nokia”, recoñece a pesar da cantidade de reliquias que conserva no despacho.

Destaca verdadeiras pezas de museo como “o Motorola RAZR, que era un virtuoso teléfono con tapa, deses que saían nas pelis. Ou o Ericsson ga318, que foi dos primeiros que tiñan tarxeta como unha de crádito. A BlackBerry Pearl 8110 tamén é un dos históricos da telefonía”, apuntan como os máis destacados.

”De todas formas a colección está algo parada porque se ben antes cando necesitabas un teléfono podías xestionar outro na actualidade é xa fai tempo para que che manteñan o servicio de suministrarse outro terminal en caso de avería irreparable tes que devolver o teléfono vello”, comenta. “Isto sucede según as compañía por cuestións de reciclaje medioambiental pero detrás de todo realmente está o reciclaxe de metais preciosos ou dos que existen poucos no mundo que lle proporcionan numerosos ingresos e redución de gastos as compañías”, informa, tan ben coma sempre dende a súa OMIX.
“A este respecto ó pasado ano e según un informe de Bussines Insider publicado polo Economista.com, Apple sacou no 2015 dos móbiles reciclados unha tonelada de ouro que lle supuso uns ingresos de 40 millóns de dólares. Máis outros 10 millóns de dólares da recuperación de aluminio, niquel, plata, zinc e plomo. Ademais de 28 millóns de kilos de aceiro, aluminio e cristal”. O caso é que “os teléfonos de nova xeración soen incluír uns 30 miligramos de ouro entre os seus compoñentes polo tanto ademais dunha colección de teléfonos temos o mesmo tempo unha colección de metais moi valiosos que nun futuro teremos que levar para o museo terra do xallas en vitrina blindada, jajaj”, bromea José María.

En todo caso, invita a todos os veciños a deixar alí aqueles teléfonos vellos que se manteñas agochados nalgún caixón perdido da casa.

 

Reportaxes xalleiros

Fonte

Comentarios