Sábado. 06.06.2020
El tiempo

O Parlamento celebra o 7 de febreiro como o Día dos Medios en Galego

O Parlamento celebra o 7 de febreiro como o Día dos Medios en Galego
Representantes dos medios galegos e dos grupos municipais no Parlamento na declaracion institucional do Día dos Medios en Galego Representantes dos medios galegos e dos grupos municipais no Parlamento na declaracion institucional do Día dos Medios en Galego

Día importante para os que formamos parte da Asociación de Medios en Galego. Gracias á iniciativa da AMEGA, vén de instaurarse o 7 de febreiro como o Día dos Medios en Galego. Xa o celebraron cunha comprometida Gala do Día dos Medios en Galego, celebrada en Fene o pasado sábado.

E onde mellor que facelo este mesmo día 7 que no Parlamento Galego, onde todos os grupos políticos da Cámara galega apoiaron a importancia que teñen hoxe en día os medios en galego polo seu compromiso "coa realidade e orgullo polo propio" iniciado no Rexurdimento. Tod os grupos apoiaron a declaración institucional a favor da celebración do 7 de febreiro como o Día dos Medios en Galego. Unha data que lembra a saída á rúa do primeiro número de O Tío Marcos d'a Portela, hai 142 anos en Ourense.

”Desde o coñecemento e reivindicación desta longa tradición do xornalismo na nosa lingua, consideramos que o 7 de febreiro, Dia dos Medios en Galego, é unha boa ocasión para visibilizar os medios de comunicación que utilizan a lingua galega e poñen o foco na realidade do país", recolle o documento aprobado."Apoiándoos estaremos avanzando no camiño de compromiso coa nosa realidade e orgullo polo propio iniciado no Rexurdimento", engade ao tempo que lle pide ao conxunto da sociedade civil que se sume a esta conmemoración.

Esta xornada serve para visibilizar os medios de comunicación que utilizan a lingua galega e poñen o foco na realidade do pais. De feito, a Cámara galega anima aos poderes públicos a contribuír ao recoñecemento institucional daquelas iniciativas pioneiras "que procuraban a toma de conciencia dos problemas do país e reflexionaban na busca de solucións”.

Un pouco de historia

O Tío Marcos d'a Portela foi foi a primeira publicación escrita integramente en idioma galego. Subtitulada “Parrafeos co pobo galego” e impulsada por Valentín Lamas Carvajal, conseguiu un notable éxito, chegando a vender 4.000 exemplares nunha comunidade que daquela contaba con altos niveis de analfabetismo.

A AMEGA a día de hoxe

Asociacion de Medios en Galego-Tarxeta 2 Se ben xa hai media ducia de novas solicitudes para adherirse á entidade, a día de hoxe AMEGA está formada polos seguintes medios: Radio Fusión-Rede de Emisoras Municipais Galegas (20 emisoras), Galicia Confidencial, Praza, Sermos Galiza, Tempos Novos, Novas da Galiza, Novas do Eixo Atlántico, Valmiñor.info, Que pasa na Costa, A Voz de Vilalba, Crónica 3 e Terra Cha Xa.

Novas relacionadsa

Máis novas

 Fonte

comentarios