Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O teatro, a música e a gastronomía enchen a #AxendaCostadaMorte

O teatro, a música e a gastronomía enchen a #AxendaCostadaMorte
axenda-costa-da-morte-11-novembro-2016 O teatro volve a ser o rei da #AxendaCostadaMorte desta fin de semana. Así, en distintos concellos da bisbarra teñen en marcha unha programación cultural para este mes de outono centrada nas artes escénicas. Ademais, nesta fin de semana (a do san Martiño) tamén teñen espazo as distintas propostas musicais e gastronómicas. Antes de facer un repaso polas principais citas destes tres días, vemos o parte costeiro de 4gotas.com A finde virá con un pouco de todo. Hoxe será un día gris con choivas febles en xeral a partir do final da mañá. O sábado unha fronte deixará chuvias algo máis importantes. Choverá a partir de media mañá e o fará ata media tarde. Na tardiña e na noite haberá algún chaparrón moi illado.Ambos días o vento será en suroeste. O sábado pola tarde xa comeza a achegarse un anticiclón e o domingo xa soprará vento en nordés e haberá moitos claros entre Fisterra e Muros, quedando con alternancia de nubes e claros nos arredores de Malpica. Festas
  • En Lariño (Carnota) celebran esta fin de semana as festas de san Martiño. Os actos comezan hoxe cun pasarrúas e con misas. Mañá, o día grande, os actos relixiosos misturaranse coa música que correrá a cargo das orquestas Garibaldi, Pontevedra e Metrópolis.
  • San Martiño tamén será honrado hoxe e mañá en Vilaseco (Vimianzo). Hoxe haberá misas e un grupo de gaitas e mañá a sesión vermú correrá a cargo de América S.L. que compartirá escenario á noite con Ciclón.
Xornadas micolóxicas
  • Esta fin de semana continúan en Santa Comba as II xornadas micolóxicas “Terras do Xallas” que se prolongarán ata o día 20. Mañá impartiránse varios obradoiros sobra a micoloxía no edificio Multiusos de Santa Comba e o domingo farase unha visita aos montes xalleiros para a recollida de exemplares.
  • En Fisterra tamén acollen esta fin de semana as xornadas micolóxicas na Fin da Terra. As actividades comezan mañá ás 10 horas cunha saída ao monte para recoller cogomelos e continúan o domingo coa exposición e estudo dos mesmos. Haberá degustación de cogomelos no mercado municipal.
Teatro e monólogos
  • Esta noite conitúa en Malpica a XII Mostra de Teatro. Redrum Teatro traerá a súa obra "Noiteboa" ao centro cívico da vila a partir das 20:30 horas. Esta obra obtivo o premio María Casares 2016 á Mellor Actriz Protagonista e nominacións a Mellor Director e Mellor Texto Orixinal.
  • Hoxe arrancan en Santa Comba o II ciclo de teatro. A compañía teatro Galileo será a encargada de abrir a mostra coa adaptación de “Cyrano”. Mañá, a biblioteca municipal acolle ás 11 da mañá a obra “Cervantes Vs Shakespeare” a cargo da compañía Trastenda dos Contos.
  • Redrum Teatro leva mañá sábado a súa obra "Noiteboa" á XXIII edición do ciclo de teatro de Ponteceso. A representación comeza ás 22:30 horas no edificio das Escolas.
  • O audiotorio da casa da Cultura de Vimianzo acolle este sábado os monólogos do polifacético Isi e de Celso Fernández Sanmartín que farán pasar un anaco divertido co seu espectáculo "Dous son parella e o demais son calumnias". A función comeza ás 21:30 horas e o custe da entrada é de 2,5€ (1,25€ a reducida).
  • A compañía Talía trae mañá a Muxía a súa obra "Foucellas". O espectáculo protagonizado por Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez e Artur Trillo comeza ás 21 horas no salón do Voluntariado.
  • Este domingo remata a X mostra de Outono de Teatro de Laxe coa obra "Intimidades" da escola de teatro da vila. Este espectáculo, dirixido a todos os públicos, comeza ás 19 horas no salón de actos municipal.
Concertos
  • Cances celebra hoxe o XI festival Pop-Rock "Live in Cances" organizado pola A.C. San Campio. Os concertos arrancan as 22 horas cos grupos "Strobos", "The Killer Cats" e "New Orleans Trío".
  • Esta fin de semana arranca en Carballo o programa musical do mes de novembro. As 21 horas de mañá, o pazo da Cultura de Carballo acolle o concerto de música tradicional "Sons de Aquí" e o domingo continúa pola tarde co espectáculo familiar (ás 18 horas) "Canta o Cuco" de Magín Blanco e Uxía que lle cantana Manuel María.
  • O sábado continúa o programa Novembro. Mes da Música posta en marcha polo concello de Cee co concerto Black, un paseo pola música negraO custe da entrada xeral é de 2,5€ e a bonificada é de 1,5€.
  • O grupo Huella traerá mañá ao Celme Café de Vimianzo (a partir das 23:59 horas) o mellor pop rock en español de todolos tempos.
  • A casa da Pedra de Camariñas acolle este domingo o IV encontro de Corais que comeza ás 20 horas. Participarán a coral Lembranzas da Terra de Valdoviño, a coral polifónica de Cariño e o coro de mulleres de Camariñas.
Sendeirismo
  • O 5º Outono en Marcha de Senda Nova continúa este domingo co roteiro "Vía Alcaianus" que discorre entre Carballo e Coristanco. A ruta, de 19 quilómetros de distancia e de dificultade media, arranca ás 8:15 horas da rúa Venezuela de Carballo.
  • Ruta nocturna para ver a SuperLúa dende Ponteceso. Abellariza organiza para o domingo esta singular saída nocturna ata o Mirador de Montebranco, con Jorge Mira, para ver este suceso que non se repetirá ata 2034.
Exposicións 
  • O faro Vilán acolle ata o 23 de decembro unha exposición de pintura da pintora local María Dolores Barcia. O horario de visita é de 11 a 14 horas e de 15:30 a 2o horas.
  • A tenda turística Stoupa de Cee acolle durante este mes unha peculiar exposición de pezas de cartón pedra creadas por Carmen Armendáriz e Quico Guillán, do taller carnotán “Charamusca”. A exposición pode visitarse durante todo o mes en Stoupa (situada na rúa Campo do Sacramento, 23, Cee) de martes a sábado de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas. Tamén os domingos de 11 a 14 horas.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, poderanse visitar os venres, sábados e domingos de 11 a 19 horas.
Outras citas
  • Con motivo do 130 aniversario de Queixumes dos Pinos, a Fundación Eduardo Pondal fará un acto especial este sábado.
  • Os restaurantes de Vimianzo continúan promocionando os protuctos deste tempo coprograma Vimianzo Gastronómico . Son varios os establecementos os que que ofrecen un menú específico a un prezo reducido.
  • Os adolescentes de Vimianzo teñen esta noite outra cita co Noiteando. Nesta ocasión para participar na actividade "Clown e achegamento ás artes circenses".
Fonte

Comentarios