Venres. 29.03.2024
El tiempo

O teatro despide a #AxendaCostadaMorte do mes de outubro

O teatro despide a #AxendaCostadaMorte do mes de outubro
axenda-31outubro O mes de outubro chega ao seu fin e faino da man de varias citas teatrais que tanto protagonismo tiveron nas pasadas #AxendaCostadaMorte. Así nesta fin de semana, marcada pola festividade do luns, a programación cultural céntrase no teatro que lle vai dando paso ás xornadas micolóxicas. Outro dos protagonistas destes días é o tempo que, segundo indican dende 4gotas.com, haberá un pouco de todo.
"Hoxe haberá vento do sur que trae boas temperaturas e choivas, principalmente ao mediodía e ao final do día cando se esperan que caian puntualmente forte. Continuará chovendo na madrugada e na mañá do sábado, pero xa ao final da mañá os claros deixarán atrás a auga. Así que a choiva non estará presente na noite do Samaín nin na xornada do domingo, na que dominará o tempo frío. O motivo débese a que cambia o vento ao norte polo que será necesario sacar a roupa de inverno xa que as máximas que non superarán os 16ºC.
Semella que o luns, día festivo, seguirá sen chover, aínda que o prognóstico non é 100% fiable xa que unha borrasca se achegará polo sur da península e podería mudar as previsións. Así que atentos aos prognósticos da vosa localidade en www.4gotas.com" Teatro O FIOT  - Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) - pecha esta fin de semana a 24ª edición con dúas estreas ademais da programación paralela do Ciclo OTNI.  Así, hoxe mañá haberá distintas funcións no Pazo da Cultura de Carballo. A actriz Charo López será unha das protagonistas do colofón final do FIOT coa interpretación da personaxe da Celestina en "Ojos de Agua". Tamén o sábado, as 21 horas, o teatro volve á casa da Cultura de Vimianzo dentro do programa do "Outono comediante". O elenco de A Mámoa Teatro interpretará a obra "Se o sei non volvo á casa" na que o público viaxará ata os primeiros anos do século XX. E xa ás 19 horas do domingo, no salón de actos do concello de Laxe continúa a IX Mostra de Outono de Teatro. Nesta ocasión, os integrantes de A.P.E.M. de Carballo intepretarán a obra "Unha de romanos". Concerto didáctico en Cee Este sábado tamén chega ao seu fin a terceira edición do programa educativo-cultural “O Mes da Fundación. Outubro 2015″ organizado pola Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee. O broche final vén da man de Pablo Carpintero, investigador musical e colaborador no programa “Luar” da TVG, que será o encargado de impartir un concerto didáctico sobre “Os instrumentos musicais na tradición galega”. A cita, que terá lugar na casa da Cultura de Cee, comeza ás 20:30 horas. Xornadas micolóxicas e gastronómicas A asociación Pan de Raposo é a encargada das I Xornadas Micolóxicas na Fin da Terra que se levarán a cabo mañá sábado e o domingo con diversas actividades como a recollida de cogumelos, unha charla-conferencia e unha exposición. Tamén esta fin de semana, terá lugar en Ponteceso unha das citas míticas gastronómicas da Costa da Morte: A Feira das Fabas que xa vai pola 25 edición. A degustación comeza ás 13:30 horas. Sendeirismo Senda Nova realiza este domingo, 1 de novembro, a segunda saída do "Outono en Marcha" que discorrerá entre Razo e Baldaio. A ruta, dunha distancia aproximada de 14 quilómetros, é de dificultade media-baixa. Outra cita para andar e disfrutar da natureza, será o luns 2, cunha Andaina por Dumbría.

Noite de Samaín O trío The Hallopeen`s serán os encargados da música nunha das noites máis terroríficas do ano. Así, a partir das 22:30 horas de mañá actuarán no CunKcafé da Ponte do Porto. Tamén na Rúa dos pubs de Cee celebran unha Zombie Party durante as tres noites da finde, mentres unha das citas máis orixinais será o Photocall terrorífico que artella a Universidade Cromática na Capela do Pilar de Corcubión.

  Novas relacionadas Fonte

Comentarios