Martes. 23.04.2024
El tiempo

O teatro e os monólogos mánteñen tremendamente viva a #AxendaCostadaMorte

O teatro e os monólogos mánteñen tremendamente viva a #AxendaCostadaMorte
axenda-costa-da-morte-5 outubro-2018 Primeira fin de semana de outubro pero a #AxendaCostadaMorte non decae. O teatro (co comezo de varios programas teatrais de outono, ademais do incrible FIOT), e as citas coa risa, manteñen viva a bisbarra durante a fin de semana.

Parte de Meteogalicia

Despois da fantástica semana que levamos, o venres teremos un aumento da nubosidade a partir da tarde, como unha xornada de transición, que chega con certas nubes do Atlántico, que ptovocarán que pola noite xa teñamos os ceos pechados. O sábado sufriremos o paso unha fronte que comezaría a travesar Galicia dende a nosa costa, deixando as primeiras chuvias a media mañá. Pero pasará rápido a fronte, deixando e xa pola tarde calmarase a situación. Durante o paso da fronte baixarán forte as temperaturas, e as máximas non chegará aos 20º. O domingo parece que iremos recuperando a influencia anticiclónica, cun día de ceos anubrados, sen chuvias, e poderían ir abrindo os ceos, se ben as temperaturas non subirán. O cambio no mar darase o domingo cun aumento do vento (forza 4/5) e do mar de fondo (ondas de 3 a 4 metros), despois do paso da fronte. Para a semana xa no teremos o anticiclón tan forte, pero parece que teremos outro pequeno anticiclón pero xa comezaremos a ter tempo inestable despois duns luns e martes relativamente tranquilos.

Esta finde no FIOT

Tres días de vertixe nos esperan no Festival Internacional de Teatro de Outono de Carballo. Comeza a programación de sala ao tempo que abre a proposta gastronómica “Dalle un Bocado ao FIOT”, despois dunha primeira fin de semana de risas cos espectáculos de monólogos da Rúa dos Contos. Ademais, a Noite Branca do FIOTIÑO será outro dos puntos fortes desta fin de semana.

Máis citas de teatro e monólogos

Outra das citas máis soingulares será en Santa Comba, onde o 4º Ciclo de Monólogos RiXallas deixa este venres 5 de outubro a chegada de Luís Iglesias e Marcos Orsi. En clave cultural a Programación do Mes da Fundación deixa este sábado en Cee a actuación mMatrioskas, un espectáculo musical de mulleres por e para mulleres. Comeza tamén o sábado o programa de outono de teatro de Vimianzo, coa chegada de EME2, e o seu espectáculo A LEituga. Así mesmo, o programa de teatro de Muros empeza este mesmo sábado, e faino coa compañía Teatro do Noroeste e o espectáculo Animais de Compañía.

Outras citas

Doble cita festexeira esta fin de semana, como as Grandes Festas de San Roque de Arou, cun día completo. As Festas de San Breixo de Oza, Carballo, chegan o venres (co Combo) e o sábado. O sábado, á media noite, o Celme Café de Vimianzo acolle o concerto de Huella. E para pechar a fin de semana, a Xuntanza Cabalar As Caselas é un plan moi natural.

Máis información

 

Comentarios