Mércores. 01.04.2020
El tiempo

O teatro regresa á #AxendaCostadaMorte

O teatro regresa á #AxendaCostadaMorte
axenda costa da morte 1 outubro 2016 Chega a primeira fin de semana do mes de outubro e con ela comezan a aparecer xa as citas teatrais que comezan a ser xa un clásico da #Axenda da Costa da Morte do outono. Precisamente hoxe arranca o FIOT; un festival de teatro de calado internacional que toma a vila de Carballo por escenario. O pazo da Cultura, o mercado municipal, a rúa e os locais hostaleiros acollerán ata o vindeiro 29 de outubro unha gran cantidade de espectáculos para todos os públicos e para todos os gustos. Climatoloxicamente falando, ésta será unha fin de semana na que haberá sol, algunha que outra choiva e, sobre todo, un descenso das temperaturas. Así o resume o parte costeiro de 4gotas.com Hoxe atravesará a comunidade unha fronte fría moi desfeita. Apenas deixará chuvias, pero o que sí fará será baixar as temperaturas tralo seu paso. Deste xeito, agardase un día con nubes e con algunha chuvia no interior da Costa da Morte e nos arredores de Malpica a media mañá. Xa a partir do mediodía abriranse claros e non choverá. Na madrugada do sábado, a situación será parecida e mesmo durante a mañá poden caer 1-2 chuvascos illados nos mesmos sitios (na costa entre Fisterra e Muros non debería chover) e outra vez a partir do mediodía haberá bastantes claros, pero fresco, máximas de 17-18 grados.O domingo comezan a remontar un chisco as temperaturas diurnas. Día de sol, con fresco na mañá, pero con temperaturas máximas aorredor dos 20ºC. Uns 21-22 entre Fisterra e Muros e no 19-20 no litoral norte e no interior. FIOT 2016 Esta fin de semana arranca o Festival Internacional Outono de Teatro - FIOT - que traerá a Carballo espectáculos teatrais de primeiro nivel, gastronomía, humor nas rúas,...
  • A inaguración oficial do FIOT será hoxe ás 21 horas no 2º andar do mercado municipal de Carballo onde a compañía catalá Manolo Alcántara interpretará a obra "Rudo". A programación en sala arranca o domingo, ás 21 horas, no pazo da Cultura coa representación da obra "Solicitudes". Un espectáculo de 80 minutos de duración da man de Kulunka Teatro.
  • Rúa dos Contos. Hoxe,, ás 22.30 horas, A Barra Bar será o primeiro local en acoller unha obra da Rúa dos Contos, da man de Limiar Teatro, coa obra “Don Quixote. Unha comedia gastronómica”. A continuación, ás 12 da noite, Manuel Manquiña levará o seu “Humor á galega” (5 €) ao mesón do Pulpo. O sábado a programación vai desde a “Sesión Vermú” (13 horas na rúa Coruña ou A Barra Bar no caso de choiva) de Elvis Negro e Traskiband ata “Que contar sempre hai” de Celso Sanmartín (00.00 horas no café bar Colón).
  • "Dálle un bocado ao FIOT". Este domingo, 14 locais hostaleiros ofrecerán pinchos por 2€ e almorzos por 3€ dentro da ruta gastrónimica que acompaña ao festival do teatro.
Mes da Fundación Teatro Festas
  • En Camelle celebra hoxe as festas de San Miguel. Despois da misa terán sesión vermú co dúo Calú que comparte á noite escenario co grupo Ciclón.
  • En Cerqueda (Malpica de Bergantiños) terán festas desde hoxe e ata o domingo. Hoxe a música correrá a cargo da orquesta Panamá e do grupo Garibaldi. Mañá será o turno do grupo Fama e da orquesta Saudade. O fin de festa será o domingo co grupo Guateke.
  • O Couto (Ponteceso) celebran dende mañá e ata o luns festas do Sacramento. Haberá música de taberna, degustación de callos, a carreira "polo amor ao arte", música, xogos tradicionais e oficios relixiosos.
Exposicións e outras citas
  • A confraría do Pindo acolle mañá, a partir das 10 horas, o V simposium Monte Pindo baixo o título "A Memoria dos Fuxidos".
  • II Rota Lugrís en Malpica. Este domingo partirá ás 10:30 horas do bar Pescador de Malpica a II Rota Lugrís - organizada pola asociación Caldeirón - na que se percorrerán as pegadas que deixou o pintor na vila.
  • En Santa Comba (As Caselas) haberá este domingo unha xuntanza cabalar que xa vai pola sexta edición.
  • Exposición no Faro Vilán: Hoxe é o último día para ver a exposición de pintura “50 Faros de Galicia” de Javier Toba.
  • O centro cívico de Malpica acolle ata mañá a exposición artística “Aldeas sen Voz” composto por 139 fotografías de Vicente Ansola, 21 poemas e 9 relatos de distintos autores.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, poderanse visitar os venres, sábados e domingos de 11 a 19 horas.
Fonte

comentarios